jueves, 15 de febrero de 2024

A clasificación dos instrumentos

 
Existen múltiples maneiras de clasificar instrumentos, a primeira sería a tradicional, baseada nos instrumentos da orquestra clásica, e a segunda a organolóxica, que ten en conta máis factores.

Clasificación clásica:
 

Clasificación organolóxica:
 

 

AQUÍ podes consultar máis actividades e información sobre instrumentos musicais e a súa clasificación.


miércoles, 14 de febrero de 2024

Empezamos a Historia da Danza: a Prehistoria

 O movemento e a expresión corporal, igual que a música, especialmente a percusión, son tan antigos e primixenios que con toda probabilidade existiron desde que o ser humano percorreu este planeta, e seguramente xa antes, na nosa fase previa de Homo Sapiens e homínidos. O baile é algo inherente á propia vida, non hai máis que ver as danzas de apareamento que empregan diversas especies para atraer ás súas parellas. Expresamos e sentimos a través del, movemos as emocións e transmitímolas cando as palabras non abondan.

Pintura rupestre Los danzantes de Cogul, 
Roca dels Moros (Cataluña), 7000 a.C.
 As pinturas rupestres atopadas en grutas e covas mostran escenas de danzas rituais relacionadas coa caza, a fertilidade...os ciclos da vida e da natureza. Non temos vídeos como agora, pero podemos tentar imaxinar ese mundo, esa realidade no que a vida en pleno contacto coa natureza, os elementos naturais, os perigos e as inclemencias do tempo eran constantes. A procura da comida, o lume, as tormentas que caían sobre fogares moito menos resistentes ca os nosos, as enfermidades e a morte que se levaban ós membros da tribo sen solución... Imaxinade un mundo sen electricidade, sen hospitais nin médicos, un mundo completamente escuro polas noites excepto pola existencia dun elemento fundamental: o lume. 




domingo, 28 de enero de 2024

A cantar!

 Estes días traballamos na aula algo tan íntimo e primitivo para o ser humano coma o canto. 

Non é sinxelo ás veces atopar a nosa voz ou conseguir sentirse a gusto cantando, pero a satisfacción que obtemos expresándonos a través do canto é inigualable. 


Estes días estivemos practicando diferentes respiracións que nos poden axudar a cantar: 

  • Respiración abdominal
  • Respiración completa
  • Respiración dobre
No seguinte vídeo tedes unha explicación sobre como conseguir unha respiración completa, que non só nos axuda a cantar, senón a relaxarnos e a osixenar o corpo e a mente. Nos enlaces do propio vídeo podedes acceder a outros tipos de respiración, como a abdominal:

viernes, 24 de noviembre de 2023

Ante a violencia de xénero, tolerancia cero!

Mañá é o Día contra a violencia de xénero, unha lacra que por desgracia existe e está aínda moi presente na nosa sociedade. Cada día, mulleres son maltratadas ou morren a mans de homes que se consideran con dereito a decidir sobre a súa vida e o seu benestar.


¡ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO, TOLERANCIA CERO! 

sábado, 4 de noviembre de 2023

A tocar!

 Empezamos xa coas partituras, e aquí temos a primeira, unha canción que coñecedes ben e que nos vai permitir aprender un montón sobre diferentes símbolos e signos de prolongación; aquí está Cumpleaños feliz!

 
Podes tocala coa fruta ou cantala coa túa voz, e incluso empregar instrumentos online coma os seguintes: