domingo, 25 de septiembre de 2016

Ética: o meu espazo e o espazo d@s outr@s

No IES de Viós empezamos Valores Éticos este curso. 


A palabra "ética" provén do grego "ethos", que orixinalmente significaba "morada" ou "lugar onde se vive", e que terminou por sinalar o "carácter" ou "modo de ser" peculiar e adquirido de alguén, o seu costume.

viernes, 23 de septiembre de 2016

Tolemias!




Tolemias é un portal e canle de Vimeo de actualidade musical.



Preme no seu logo e mergúllate nas novidades sonoras!

Motivación para empezar o curso!

Ás veces é difícil retomar as clases, vimos do verán, un tempo de lecer e liberdade, para meternos no horario estricto das clases...

Pero pode ser unha boa oportunidade para empezar de cero e plantexarnos: 

¿como quero ser eu realmente?, 

¿que pegada quero deixar no mundo, e tamén no meu cole, cos meus compañeiros e profes?

Este anuncio de Coca-Cola pódenos facer pensar en todo isto, vendo historias reais de xente que quixo marcar a diferencia.


miércoles, 21 de septiembre de 2016

Empeza o curso no IES de Viós

Outro curso empeza, e neste 2016 A Plena Voz viaxa ata Abegondo, ata un cole que non lle é totalmente descoñecido...





No IES de Viós haberá música, danza, canto, expresión corporal, e rock'n'roll!





Aquí no blog, na canle de Youtube, Soundcloud, Vimeo ou Picassa poderedes seguir os nosos eventos, consultar dúbidas, subir comentarios...animádevos a participar!
 Imos alá rapaces!