sábado, 23 de noviembre de 2013

Compostela Actúa!




    Nova e interesante iniciativa: Compostela Actúa. 


     Se vos gusta cantar, tocar ou actuar e tes entre 16 e 30 anos, mira as bases e acude ós castings!








domingo, 17 de noviembre de 2013

Bollywood!

       O grupo de 1ºBACH atreveuse cunha coreografía de Bollywood, (coa canción "Chanmak Challo", de Akon, da BSO do filme Ra One) que representaron con tódolos seus detalles, incluídas a transformación de vestiario. 



¡Aquí está o grupo completo listo para a acción, cos seus bindis, saris e sorrisos!


O Samaín en Música



Xa pasou o Samaín,
pero fican as imaxes dunha semana distinta, 
e coa nosa aula realmente transformada!



 

Atenuouse a luz,
prendeuse a candea,
 contáronse historias e sonorizáronse usando diferentes obxectos, instrumentos, a voz...




Aquí podedes ver algunhas imaxes da actividade, das clases de 2ºESO C, 3ºESO A e 1ªBACH:

https://picasaweb.google.com/108203684039414403749/Samain2013IESArcebispoXelmirezII

E velaquí máis de 2ºESO C, sacadas pola nosa fotógrafa oficial Raquel Villar:

https://picasaweb.google.com/108203684039414403749/Samain2013RaquelVillarIESArcebispoXelmirezII#

jueves, 31 de octubre de 2013

Xa está aquí o Samaín!

A noite na que desaparecen os lindes entre o mundo dos vivos e o dos mortos,

na que alumean as cabazas e as ánimas percorren os camiños...

Ídevos preparando para as nosas sesións da vindeira semana: recordade preguntar na casa, ós vosos maiores, se recordan historias ou tradicións relacionadas con estas datas. 

Contarémolas en clase e empregaremos instrumentos, música e efectos de son para ambientalas. Se queredes, tamén podedes traer as vosas cabazas ou elementos arrepiantes para decorala.

E se queredes inspirarvos, aquí vai unha curtametraxe que ten unha segunda parte....moi de Samaín.


martes, 22 de octubre de 2013

O Senegal en Galicia!




O alumando de 3ªESO A e B puido gozar a mañá do 22 de Outubro coa actuación do grupo Djilandiang no Auditorio de Galicia.


A súa enerxía e autenticidade contaxiáronnos a tod@s, entre cancións, ritmos trepidantes, lendas, relatos de tradición oral e danza, sempre buscando a nosa participación e implicación.

domingo, 13 de octubre de 2013

Teranga, o legado dos Griots!



      Estreamos o curso 2013-2014 no IES Arcebispo Xelmírez II cunha gran nova: o espectáculo Teranga, a cargo do grupo senegalés Djilandiangao que acudirán os cursos de 3ºESO A e B o vindeiro martes 22 de Outubro. 
     Será no Auditorio de Galicia, ás 12:00 h. Alí, @s compoñentes de Djilandiang, coa súa percusión, cancións e bailes introducirannos na cultura dos Griots, os encargados de transmitir a tradición oral en Senegal. Preparádevos para coñecer e vivir a enerxía de unha das culturas máis ancestrais de África.
      Podedes consultar máis información sobre o grupo e o concerto, incluso descargar música e vídeos de bailes, no seguinte link:

     E aquí tedes un vídeos de unha actuación anterior:


Imos aló!


Un novo curso empeza

   É peculiar, máis itinerante que nunca,

   pero, coma sempre, 
A Plena Voz 
abre tódalas súas portas, fiestras...

que entre a luz ata os recantos máis agochados!



Porque aquí haberá lugar para
música, 
baile, 

canto...









todo o que a vosa creatividade e arte queira expresar, así que...


...imos aló!

jueves, 27 de junio de 2013

Deica logo!

       Despois dun curso intenso, cheo de danza, canto e alegría, inzado de intres inesquecibles!... chegou o momento de descansar.

       As mapoulas emerxen nos prados, nas beiras dos camiños, pintando as terras de Viana e A Gudiña co seu vermello poderoso. E a forza coa que aparecen recórdanos que chegou o momento de mudar, de acougar e coller forzas, de gozar do sol e repousar como fan elas, sabias como poucas. 
    
                                              E VÓS, 
          tod@s aqueles que fixestes posible este curso 2012-2013, 
         que vos implicastes co arte e co movemento, que sodes luz e desafiades o ceo pechado,
                                     GRACIAS!
         gracias polo voso compromiso, polas vosas ganas, polos bos e malos momentos, por todo o que me ensinastes, 
             por todo o que aprendemos xuntos!
                                     GRACIAS

          Desfrutade do verán! Á volta, aí estará A Plena Voz, disposta a rexurdir e tinxirse de vermello coa vosa paixón, alá onde haxa música.    
        

martes, 25 de junio de 2013

Festival de Música de Fin de Curso 2013 - CPI Laureano Prieto

      
      
         Xa podes ver aquí o que aconteceu no Festival de Música de Fin de Curso que organizamos no CPI Laureano Prieto. 
      Desta vez trasladámonos á Casa da Viúva, e alí desfrutamos das actuacións do alumnado de Primaria e Secundaria, e tamén despedimos á promoción de 4º ESO.
      Houbo moita emoción, moita música! Mira as fotos premendo na seguinte imaxe:



E velaquí o vídeo-resumo!

miércoles, 19 de junio de 2013

Festival de Fin de Curso IES Carlos Casares


      
             Emocionante e divertida a festa musical para rematar este curso 2012-2013: baile, canto, audiovisual, música...! 
          
            Non vos perdades as imaxes dun evento único, premede na fotografía:




            E velaquí o vídeo-resumo do acontecido:


martes, 18 de junio de 2013

Grease vs. Thriller

             Non vos perdades a curta realizada por 1ºBach do IES Carlos Casares!
            Unha homenaxe ó musical Grease e o videoclip de Michael Jackson, "Thriller"

martes, 4 de junio de 2013

Festival das Letras Galegas 2013 - CPI Laureano Prieto

            E velaquí o resumo do Festival das Letras Galegas celebrado no CPI Laureano Prieto (A Gudiña) Desfrutade das actuacións!

Camiñante lipdub "Como se fixo"!

       Xa está aquí o Making Of de Camiñante lipdub, non o perdas!, os mellores momentos dun curso enteiro de preparativos, ensaios e diversión!:


viernes, 31 de mayo de 2013

Intercambio A Gudiña - Courel

               Velaquí as imaxes da chegada do alumnado e profesorado do Courel á Gudiña, con concerto do Taller de Canto e Expresión Corporal xunto co alumnado de Primaria e a exposición dos traballos realizados por ambos os dous centros. 
             Preme na seguinte imaxe e desfruta delas!



           E tamén do vídeo resumo da xornada!:


Día das Letras Galegas CPI Laureano Prieto 2013

      Xa están aquí as fotos das actividades realizadas durante a celebración das Letras Galegas deste curso 2012-2013 no CPI Laureano Prieto. 
       Podes consultalas premendo na seguinte imaxe:

martes, 14 de mayo de 2013

Camiñante Lipdub!


      "Camiñante Lipdub" xa está aquí!
       Parabéns a tod@s e grazas polo esforzo e as ganas!

martes, 7 de mayo de 2013

E fíxose a maxia




        
          A tarde do luns 6 de maio foi especial. 
          Despois de case un curso enteiro de preparación, ensaios, creación de materiais...chegou o día da gravación! O "Camiñante Lipdub" do IES Carlos Casares cobrou vida e fíxoo dun modo emocionante: coa colaboración de todo o centro, coa presenza cada un.
           Alumnado da ESO, BAC e Ciclo, persoal do centro, conserxería, limpeza, cociña, cafetería, profesorado...Tod@s!, grazas e noraboa!, porque o que fixemos onte transmitiu implicación, enerxía, forza, creatividade, espontaneidade, traballo, diversión, cariño e alegría!
          Moi pronto estará o vídeo publicado en Youtube. Mentres tanto, pouco a pouco iremos subindo imaxes no seguinte enlace, onde xa podedes ver e descargar algunhas:

https://picasaweb.google.com/108203684039414403749/CaminanteLipdub?authkey=Gv1sRgCJ-20Pal54fzxAE

martes, 19 de marzo de 2013

Camiñando Lipdub!

              Xa temos audio para o Lipdub que faremos no IES Carlos Casares, trátase de Caminante, a canción de Bongo Botrako, pero ampliada para poder recorrer o centro (con momento en silencio incluído, para cantar un anaco en directo!) 

     Podedes descargalo na Aula Virtual do IES Carlos Casares, no apartado de Actividades Extraescolares, premendo en "Coro", na actividade 3. Velaquí o enlace: 
http://www.edu.xunta.es/centros/iescarloscasaresviana/aulavirtual/course/view.php?id=52

       O ensaio da gravación levarase a cabo o derradeiro luns pola tarde de abril (29 de abril) e a gravación final o luns pola tarde seguinte (6 de maio
       En breve repartirase a tod@s un guión coas actividades e posicións de cada quen. Nas vindeiras semanas comunicade as vosas propostas e ideas a través d@s titor@s, o alumnado de Música de 1º de BAC ou a profesora de Música.

jueves, 21 de febrero de 2013

"Californication" e "Noches de verano"

       
       O coro apúntase ó Rock e ós Musicais! 
     Así que, no Taller de Canto e Expresión Corporal rematamos Febreiro empezando con Californication, dos Red Hot Chili Peppers, e tamén a versión castelán de Summer Nights (musical Grease), "Noches de verano", que en Viana empregaremos no Musical que estamos preparando...


        Poñede as pilas e a cantar!

martes, 19 de febrero de 2013

jueves, 14 de febrero de 2013

Día da Paz no IES Carlos Casares



         O Día da Paz celebrouse en Viana dun xeito especial.
      Despois dunha introdución na que Susana Fernández, a coordinadora do Equipo de Mediación do IES, reflexionou sobre como a violencia só xera máis violencia, e a necesidade de atopar vieiros de cooperación neste mundo, levamos a cabo un acto cheo de teatro e música.



Entroido na Gudiña!

          Despois destas datas cheas de celebracións e festexos, xa están aquí os vídeos resumo e as fotografías do Xoves de Comadres e as actividades organizadas desde CPI Laureano Prieto, e tamén as imaxes do venres e o desfile de Disfraces!

miércoles, 16 de enero de 2013

Imagine



        Achégase o Día da Paz, e no Taller de Canto e Expresión Corporal empezamos con Imagine, canción mítica de John Lennon.
        Aquí tedes o vídeo cos subtítulos traducidos.
        Pois iso, pode que parece un soño, pero non somos os únicos...
pode que algún día se una o derradeiro, e o mundo será un.

martes, 15 de enero de 2013

Caminante LIPDUB: 2ª fase


        Xa está aquí o 2013 e imos continuar co noso proxecto de Lipdub de centro no IES Carlos Casares.


     Durante as vindeiras semanas, alumnado de 1º BAC irá polas clases dos distintos grupos para explicar en que vai consistir. Agradeceriamos que nos prestásedes uns minutos das clases para que falen cos rapaces sobre o proxecto. (nalgúns casos grabaremos a explicación)

viernes, 11 de enero de 2013

Continúa o Taller de Canto e Expresión Corporal...e empezamos coa danza!

    E no 2013 continuamos coas clases de canto e expresión corporal, pero tamén empezamos as de danza!

     Na Gudiña, no CPI Laureano Prieto, no recreo dos venres teredes a oportunidade de ensaiar coreografías e pasalo ben!, 

  empezamos, por petición do alumnado, co Gangnam Style, que por suposto pasará a ser A Gudiña Style moi pronto!,

    animádevos a participar!!

miércoles, 9 de enero de 2013

Excursión a Viana: Teatro


           O derradeiro día de clase antes do Nadal, o alumnado do CPI Laureano Prieto viaxou a Viana para desfrutar da representación teatral dos Xemelgos, de Plauto. No auditorio de Viana puideron ver a obra, levada a cabo polo grupo de Teatro do IES Carlos Casares, dirixido pola profesora do centro, María.

Festival de Música Nadal 2012 - CPI Laureano Prieto


         Xa está aquí o vídeo-resumo do Festival de Música de Nadal realizado no CPI Laureano Prieto:

                       

         E tamén o link para poder acceder ás fotografías do evento, só tes que premer en calquera das fotos:




 


Parabéns para tod@s!!

miércoles, 2 de enero de 2013

Festival de Nadal 2012 - IES Carlos Casares

         ¡Xa están aquí o vídeo e as fotos do Festival de Nadal do IES Carlos Casares!

        velaquí o enlace para ver un vídeo resumo das actuacións, que tamén podedes ver e descargar en Youtube:



       E tamén as fotografías do mesmo, só con premer na imaxe:


E tamén a noticia no Choupín...:



          ¡Parabéns a tódolos participantes e axudantes!!, 





 e que a música continúe...