miércoles, 9 de enero de 2013

Excursión a Viana: Teatro


           O derradeiro día de clase antes do Nadal, o alumnado do CPI Laureano Prieto viaxou a Viana para desfrutar da representación teatral dos Xemelgos, de Plauto. No auditorio de Viana puideron ver a obra, levada a cabo polo grupo de Teatro do IES Carlos Casares, dirixido pola profesora do centro, María.



       

    A experiencia foi divertida e enriquecedora, e despois da obra sorteáronse unhas cestas de Nadal a cargo do equipo de Teatro. 




       Á volta ó centro, unha visita inesperada fixo aparición no salón de actos!!



     
     A xornada rematou cun xantar especial e as esperadas vacacións.

      Podedes ver máis fotos da xornada premendo no seguinte enlace:
https://picasaweb.google.com/108203684039414403749/ExcursionAVianaTeatro

No hay comentarios:

Publicar un comentario