jueves, 15 de diciembre de 2011

Todo un curso de música

         No IES Carlos Casares e o CPI Laureano Prieto a creatividade abriuse camiño durante o 2010-2011. Hoxe recordámolo cos vídeos das actuacións de música, danza, teatro...Velaquí están!


















Festival de Nadal do CPI Laureano Prieto e IES Carlos
Casares















                                                                                     Recital Día das Letras Galegas CPI Laureano Prieto
                           
                                        

viernes, 24 de junio de 2011

O coro do IES Carlos Casares no acto de Fin de Bacharelato 2011


Aquí podemos ver o coro escolar do IES Carlos Casares interpretando o himno Gaudeamus Igitur no acto de Fin de Bacharelato deste curso.

jueves, 17 de marzo de 2011

Novos ensaios do coro de Viana e NOVA CANCIÓN!


     Ola Rapaces!
     Os ensaios do coro de Viana continúan sendo durante o 2º recreo dos Luns. Pero debido á falta de tempo para preparar as cancións, tamén se están empregando ás veces os recreos do comedos dos Luns, sempre que non sexan incompatibles con Teatro e os ensaios de hip-hop.

jueves, 17 de febrero de 2011

Ensaio do luns 21 de febreiro


 Rapaces, este luns non estarei, así que continuaremos cos ensaios a vindeira semana.
Mentres tanto aproveitade para descargar os audios das partituras e ilos escoitando, tanto de Sale el Sol coma do Gaudeamus, así as ides asimilando, e ós músicos tamén vos pode servir para ir respasando os acordes.
Recordade que están postos na páxina web do Instituto, tendes as instrucións aquí no blog.

viernes, 11 de febrero de 2011

Aula Virtual

Ola rapaces!
O coro xa ten o seu oco na Aula Virtual da web do IES Carlos Casares, de Viana do Bolo.
Velaquí tendes o enlace á web:

Web do IES Carlos Casares

Como podedes ver na imaxe, unha vez que entredes tendes que premer na parte superior da imaxe, onde pon "Aula Virtual", e aparecerá unha lista de materias e cursos.






martes, 8 de febrero de 2011



¡O Himno estudiantil por excelencia!
Si, cantaremos en latín..
pero non vai ser a versión clásica que coñecedes, senón unha nova versión máis soul, semellante a un espiritual.

jueves, 3 de febrero de 2011

Comezamos

Ola rapaces!, velaquí o blog do Coro, dos COROS que van medrando nestas terras ourensás.
Serviranos para intercambiar información, ideas...Colaborade coas vosas opinións e suxestións,dádelle vida!
Este blog inda está on obras pero xa entra en acción!, como sabedes estamos cunha versión do tema de Shakira: "Sale el sol", inclúovos a continuación o vídeo de youtube onde aparece a canción:



Benvid@s!

             Xúntanse pra cantar, compartir coa voz, agora tamén coa súa música,             apareceron guitarras e percusión, a carón do piano, do acordeón, un yembé, uns amplificadores, un movemento,
                inda virán máis... 

Actuación de Nadal do Coro escolar de Viana do Bolo e A Gudiña (Decembro 2010)
                      elas e eles, tod@s, e xurdiu a maxia,
¡benvid@s!
comezades unha aventura,
comezámola,
na Gudiña..
en Viana...
no mundo...
cantemos,
toquemos,
bailemos,
¡sintamos!
A aventura non fixo máis que comezar