
O coro xa ten o seu oco na Aula Virtual da web do IES Carlos Casares, de Viana do Bolo.
Velaquí tendes o enlace á web:
Web do IES Carlos Casares
Como podedes ver na imaxe, unha vez que entredes tendes que premer na parte superior da imaxe, onde pon "Aula Virtual", e aparecerá unha lista de materias e cursos.
Premede onde pon "Actividades de Coro"

E de novo premede onde pon "Coro"
E alí atoparedes tódolos audios das partituras que estamos vendo, separados por voces ou con voces xuntas. Podedes escoitalos (están ordenados por Temas, cada tema referido a unha canción) ou descargalos se non vos chegaron por email, para aprendervos a voces (as descargas están onde pon Foro) A medida que inclúa novos materiais ireivos avisando neste blog. Bo finde!
No hay comentarios:
Publicar un comentario