martes, 15 de enero de 2013

Caminante LIPDUB: 2ª fase


        Xa está aquí o 2013 e imos continuar co noso proxecto de Lipdub de centro no IES Carlos Casares.


     Durante as vindeiras semanas, alumnado de 1º BAC irá polas clases dos distintos grupos para explicar en que vai consistir. Agradeceriamos que nos prestásedes uns minutos das clases para que falen cos rapaces sobre o proxecto. (nalgúns casos grabaremos a explicación)

       Durante estes días, empezade a pensar ideas sobre que facer no LIPDUB. Xa vistes algúns dos exemplos que hai en Internet. O lipdub non ten límites para a creatividade. A nosa idea é facer un percorrido por todo o centro e ir mostrando as distintas aulas (de grupo, de taller, as salas de profesorado, dirección, cafetería, pabillón, cociña...) Queremos que participe todo o centro e todo o persoal que poidamos.

          Por un lado, nas titorías podedes organizar algo na aula propia do grupo. (moi curto, uns 10 segundos como máximo, polo tanto ten que ser chamativo)
          Por outro, tamén nos talleres (debuxo, tecnoloxía, teatro...) e cos grupos do centro que realizan voluntariado (mediación, biblioteca, etc.) Os rapaces desplazaranse segundo lles toque estar nun sitio ou outro, pero iso organizarémolo despois.
           Tamén pensade nos materiais que queredes empregar (carteis, roupas, disfraces, perrucas, confeti...) e se hai que crealo.

          Polo de agora simplemente pensade propostas e debetídeas co alumnado ou entre vós, irémolas recollendo e faremos un mapa do percorrido. O alumnado de 1º de BAC organizará todo para que tod@s poidamos participar e saibamos onde temos que estar no momento axeitado.

          Aínda hai tempo, xa que a grabación non se fará ata que teñamos claro o percorrido, propostas e material que imos usar, e está previsto para a 2ª metade deste trimestre, aproveitando algunha tarde do luns.

         Cando teñamos claro que fai cada grupo e onde ten que estar cada persoa, dirémolo tamén para que poidades ensaiar por separado cada cousa, e así poder facer a montaxe final xunt@s.
           Calquera dúbida preguntádenos a min ou ó grupo de 1ºBAC de Música.

             Gracias pola vosa colaboración!

No hay comentarios:

Publicar un comentario