jueves, 14 de febrero de 2013

Día da Paz no IES Carlos Casares



         O Día da Paz celebrouse en Viana dun xeito especial.
      Despois dunha introdución na que Susana Fernández, a coordinadora do Equipo de Mediación do IES, reflexionou sobre como a violencia só xera máis violencia, e a necesidade de atopar vieiros de cooperación neste mundo, levamos a cabo un acto cheo de teatro e música.






         Contando coa colaboración entre os grupos de Talía Teatro e o Taller de Canto e Expresión Corporal, fóronse representando obras e cancións significativas para este tema, como Imagine, empregando a expresión corporal, ou Bule e móvete! (na igualdade) 
         Ademais do alumnado da ESO do centro, contamos coa presenza e colaboración dos rapaces e profesorado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Bibei.

        Podedes ver máis imaxes do evento premendo na seguinte fotografía:


       Aquí podes ver a noticia no Blog de Talía Teatro!:
http://taliateatro.blogspot.com.es/2013/02/dia-da-paz.html

       E tamén o vídeo resumo das actuacións!:
http://www.youtube.com/watch?v=8Plw4No05Zo 


No hay comentarios:

Publicar un comentario