domingo, 25 de septiembre de 2016

Ética: o meu espazo e o espazo d@s outr@s

No IES de Viós empezamos Valores Éticos este curso. 


A palabra "ética" provén do grego "ethos", que orixinalmente significaba "morada" ou "lugar onde se vive", e que terminou por sinalar o "carácter" ou "modo de ser" peculiar e adquirido de alguén, o seu costume.


Ten unha relación moi íntima coa Moral (do latín "mos", que tamén significa "costume"), tanto que ás veces se confunden. Porén, na actualidade considérase a Ética como o conxunto de normas que están do interior da persoa, e a Moral sería o conxunto de normas que veñen do exterior, da sociedade.


A Ética tamén é unha rama da filosofía, que medita sobre o que é correcto ou incorrecto (o chamado "bo" e "malo") na nosa sociedade e na nosa conduta diaria.


En realidade trátase de como somos e como queremos ser. O feito de que o seu humano desexe ir cara ó seu perfeccionamento persoal, de ser máis un mesmo, tamén en relación cos demais. Unha decisión interna e libre, chea de poder.




Para empezar a navegar polos océanos da ética, nada mellor que unha curtametraxe de animación. "The bridge", obra do animador malasio Ting Chian Tey. Unha divertida volta sobre unha cuestión tan vital como o espazo persoal.




E para mergullarnos inda máis no tema da convivencia, unha obra mestra de Pixar: "For the birds"



No hay comentarios:

Publicar un comentario