jueves, 31 de octubre de 2013

Xa está aquí o Samaín!

A noite na que desaparecen os lindes entre o mundo dos vivos e o dos mortos,

na que alumean as cabazas e as ánimas percorren os camiños...

Ídevos preparando para as nosas sesións da vindeira semana: recordade preguntar na casa, ós vosos maiores, se recordan historias ou tradicións relacionadas con estas datas. 

Contarémolas en clase e empregaremos instrumentos, música e efectos de son para ambientalas. Se queredes, tamén podedes traer as vosas cabazas ou elementos arrepiantes para decorala.

E se queredes inspirarvos, aquí vai unha curtametraxe que ten unha segunda parte....moi de Samaín.


martes, 22 de octubre de 2013

O Senegal en Galicia!




O alumando de 3ªESO A e B puido gozar a mañá do 22 de Outubro coa actuación do grupo Djilandiang no Auditorio de Galicia.


A súa enerxía e autenticidade contaxiáronnos a tod@s, entre cancións, ritmos trepidantes, lendas, relatos de tradición oral e danza, sempre buscando a nosa participación e implicación.

domingo, 13 de octubre de 2013

Teranga, o legado dos Griots!



      Estreamos o curso 2013-2014 no IES Arcebispo Xelmírez II cunha gran nova: o espectáculo Teranga, a cargo do grupo senegalés Djilandiangao que acudirán os cursos de 3ºESO A e B o vindeiro martes 22 de Outubro. 
     Será no Auditorio de Galicia, ás 12:00 h. Alí, @s compoñentes de Djilandiang, coa súa percusión, cancións e bailes introducirannos na cultura dos Griots, os encargados de transmitir a tradición oral en Senegal. Preparádevos para coñecer e vivir a enerxía de unha das culturas máis ancestrais de África.
      Podedes consultar máis información sobre o grupo e o concerto, incluso descargar música e vídeos de bailes, no seguinte link:

     E aquí tedes un vídeos de unha actuación anterior:


Imos aló!


Un novo curso empeza

   É peculiar, máis itinerante que nunca,

   pero, coma sempre, 
A Plena Voz 
abre tódalas súas portas, fiestras...

que entre a luz ata os recantos máis agochados!



Porque aquí haberá lugar para
música, 
baile, 

canto...









todo o que a vosa creatividade e arte queira expresar, así que...


...imos aló!