domingo, 28 de septiembre de 2014

Hª Música e Danza - A Idade Media 2

       A medida que vaiamos avanzando non vos esquezades de consultar a páxina da CIUG, especialmente para irvos descargando as audicións. 
        En primeiro lugar temos o Puer natus est nobis, o noso exemplo de canto gregoriano. Este Introito da Misa de Nadal podedes escoitalo no seguinte enlace, así como ler o descriptor da audición:



        Nesta outra versión podedes escoitalo á vez que seguides a partitura (o tetragrama con notación cadrada):



Hº Música e Danza - A Idade Media

       O filme El nombre de la rosa (Jean-Jacques Annaud, 1986), baseado da novela homónima de Umberto Eco sitúanos na Europa medieval do século XIV, nunha abadía benedictina italiana. Os protagonistas, dous monxes franciscanos, acuden ó mosteiro a investigar unha serie de estraños asasinatos.

      Aínda que a época é bastante adiantada, case ó final da Baixa Idade Media, é un moi bo exemplo sobre como se vivía nos mosteiros (as horas e oficios), o ambiente oclusivo e cerrado que imperaba así como as diferentes ocupacións (escribas, cociñeiros, etc.), o estrito control de coñecemento e pensamento que exercía a Igrexa, os conflitos entre as diferentes ordes relixiosas, etc.

         1) Resumo do argumento. Especial interese: scriptorium e códices.



Hº Música e Danza - o Mundo Antigo 2

         Ágora, o filme de Alejandro Amenábar estreado no 2009, sitúanos no Exipto romano do século IV. A súa protagonista, Hipatia, foi unha filósofa, matemática e astrónoma, loita por salvar a sabedoría do mundo antigo, representada na famosa Biblioteca de Alexandría.

        Nesta interesante película podemos ver varios aspectos que determinarían a historia posterior: os inicios do cristianismo, que xa se empezaba a manifestar como un fenómeno de masas, as teorías científicas e o seu choque coa relixión (tanto co monoteísmo como co politeísmo), e tamén a estrutura social (escravitude, clases baixas, acomodadas)

          1) Davo e Hipatia explican os epiciclos de Ptolomeo. Conflitos cristianismo-ciencia e estrutura social:




       2) Instrumentos musicais do Mundo Antigo: o aulos. Anfiteatro e cidade de Alexandría.



Hª da Música e da Danza - O Mundo Antigo

     Ola rapaces!

   Recordamos en primeiro lugar as obras musicais conservadas de Grecia. Lembrade que aínda non temos partituras como as coñecemos hoxe, trátase de notación alfabética.

       1) Fragmento da obra Orestes, de Eurípides (ca. s. III a.C.)



          


Papiro onde se atopou o fragmento musicado da obra de Eurípides, escrito arredor do s. III en Exipto (Hermópolis). Versos 338-344 do primeiro coro do Orestes.



          2) Epitafio de Seikilos (ca. s. II ou I a.C.):





                                                            Columna de mármore onde está inscrito o epitafio, situada en Trales, Asia Menor (actual Aydin, a 30 km. da cidade de Éfeso, Turquía)

Bacharelato de Artes


         Un grupo de valentes do IES Antón Fraguas estudan o Bacharelato de Artes. 


       Valentes e bravos rapaces nestes tempos que corren, nos que as artes, todas elas, son desprezadas. 



        
    Non perdamos o Norte, que non vos importe o que vos digan sobre saídas profesionais, utilidade, sobre ser prácticos...

    Perseguide sempre os vosos soños e que nada nin ninguén vos deteña!

             En A Plena Voz atoparedes recursos (enlaces, vídeos, etc.) que veremos nas clases de Hª da Música e da Danza, e outros a maiores para que poidades ampliar información. Imos alá.    

Novo curso, novo centro

      A Plena Voz retorna neste curso 2014-2015. Iniciámolo no IES Antón Fraguas, en Santiago de Compostela.

Que haxa música, baile, ritmo, poesía!,
que se estoupe a creatividade e a paixón!,

Empezamos