lunes, 20 de octubre de 2014

Despedida do Antón Fraguas...benvida ó Porto do Son

          A Plena Voz marcha do Antón Fraguas de Santiago.

      Foi curto pero intenso, e atrás queda a rapazada de 1ºESO de Educación Plástica e Visual, Música de 4ºESO e Historia da Música e da Danza de 2ºBACH. Moita sorte con todo rapaces!

         
 Agora empeza un novo período no IES Porto do Son, cos cursos de Música de 2º e 4ºESO. Alá imos!


Hª da Música e da Danza: nacemento e evolución da polifonía 4

Ars Nova

     Continuamos avanzando no tempo e coma sempre a música cambia e evoluciona. Deste xeito aparecen os motetes isorrítmicos, como este motete a tres voces, In arboris, de Philippe de Vitry (1291-1361)


      A técnica isorrítmica tamén se pode ver no tenor do Kyrie da Misa de Notre Dame, de Guillaume de Machaut (ca. 1300-1377)


       Xa na Ars Nova italiana aparece outra forma polifónica chamada Madrigal, como este exemplo de Giovanni da Firenze (s. XV), Appress' un fiume:


           Como exemplo de Ballata escoitade este Ecco la primavera de Francesco Landini (ca. 1325-1397): 


        Por último, dentro da música polifónica inglesa, destaca o estilo fabordón, como na introdución deste Ave Maria Stellae de Guillaume de Dufay (1397-1474)


Hª da Música e da Danza: nacemento e evolución da polifonía 3

O Códice Calixtino


      Recordade que a audición de Selectivo deste tema é o Gratulantes, pertencente ó Códice Calixtino. Velaquí tendes o enlace para descargar o audio:



Hª da Música e da Danza: nacemento e evolución da polifonía 2

     Ademais do organum, desde mediados do século XII ata principios do XIV (Ars Antiqua) irán xurdindo unha serie de novos xéneros polifónicos, como as cláusulas e os motetes.
      Reparade nas cláusulas que aparecen neste organum de Leonin, o Alleluia Pascha Nostrum. Fixádevos que neste caso a vox principalis é intrumental, realizada por un órgano (con notas moi longas en comparación coa vox originalis)


        Como exemplo de motete da Ars Antiqua, escoitades este Amours qui, de Petrus de la Cruce:

 

Hª da Música e da Danza: Nacemento e evolución da polifonía

    Ars Antiqua:     
    Velaquí tendes un exemplo de organum duplum do mestre Leonin (ca. 1135-1201), un Alleluia claramente melismático.

  
    E outra mostra de organum, neste caso cuadruplum, do mestre Perotin (ca. 1160-1230), Viderunt Omnes, coa partitura para que poidades seguir as voces.
     
     Outro exemplo dun organum duplum melisático sería este Jubilemus, exultemus anónimo, no que tamén podedes seguir as voces: