Alumnado de 2ºESOB participa no concurso do sonigrama 114, do programa de radio Diario Cultural, coa seguinte proposta:
"A invasión dos meus soños
Despois dun longo día
empecei a notar algo de sono. Rex facía todo o posible para que non
me durmise, mais...De súpeto, chegou unha nave alieníxena!, e eu
tiña, misteriosamente, un sable láser na man. Abriuse a porta e
decateime de que se levaran a Rex, así que decidín entrar...pero
víronme os robots e empezaron a atacarme! Por sorte, liquidei un
molesto robot, e oín a Rex queixándose. Alcei a vista, alí estaba
o meu can, metido nun caldeiro!: lanceime cara a eles enfurecido
e...soou o espertador. Tiña a Rex enriba miña, estaba ben: todo
fora un soño."
Podedes escoitar aquí o sonigrama, nos últimos minutos do audio:
E a lectura de Ana Romaní, a presentadora do programa, dos noso texto "A invasión dos meus soños":
http://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-29-01-2016-1773858
Moita sorte rapaces!