martes, 19 de abril de 2016

Excursión 3º e 4ºESO

A excursión ó MUNCYT e ó Palacio da Ópera da Coruña deste martes 19 de Abril foi todo un éxito!
Co alumnado de 3ºESO A e B, e 4ºESO de Música, descubrimos unha chea de cousas no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, e despois desfrutamos coa música de Soncello Quartet


domingo, 17 de abril de 2016

Ser feliz

Jérôme Jarre, un emprendedor e estrela das redes sociais Vine e Snapchat, rexeita un millón de dólares. Non se sabe se a historia é realmente certa ou non, pero a súa reflexión sobre a felicidade e o sentido da vida si que nos fai replantearnos as cousas.


viernes, 15 de abril de 2016

Hero


"Hero", a fermosa canción da banda de rock indie Family of the year, afincada en Los Angeles, que foi BSO do filme Boyhood, será a nosa seguinte canción en coro.

Concerto de Soncello

O vindeiro martes 19 iremos de excursión á Coruña co alumnado de 3ºESO e de 4º da optativa de Música. 


Visitaremos o MUNCYT, o Museo Científico, e despois iremos ó Palacio da Ópera a desfrutar dun concerto de Soncello Quartet

Se premedes na imaxe da dereita, podedes acceder ó seu blog e coñecer máis deste grupo, ou ir ó seu facebook co seguinte enlace:

martes, 12 de abril de 2016

Theremin e Gianni Luminati

"Walk off the Earth", o grupo canadiense do que forma parte o músico Gianni Luminati, fíxose famoso pola súa versión do tema de Goyte  (Somebody that I used to know) con 5 persoas tocando a mesma guitarra! Podedes velo na súa canle: Walk off the Earth

Pero hoxe tráiovos un tema con theremin, homenaxe ó rapeiro Snoop Dog, e feito con moito humor. Non volo perdades!:



Dytto!

Esta incrible bailarina e coreógrafa de dance nacida en Miami, Florida, de tan só 18 anos, crea bailes que che deixarán abraiad@!
Mira esta coreo presentada no "World of Dance" 2015, cunha versión dance da canción Barbie Girl de Aqua


domingo, 3 de abril de 2016

Monsoon


A nosa seguinte canción en coro será "Monsoon", do cuarteto alemán Tokio Hotel

Lollipop!

Novas cancións en coro!
Continuamos agora cun popular tema escrito por Julius Dixson e Beberly Ross no 1985, LOLLIPOP, interpretado polo cuarteto The Chordettes.

Mira o vídeo e segue a letra!:


Historia do Rock 6: a década dos 90

Década dos 90


Grunge

-> Orixes: Teenage riot de Sonic Youth



Historia do Rock 5: a década do 80

A década dos 80

Raggamuffin

Under me sleng Teng de Wayne Smith (1985)


sábado, 2 de abril de 2016

Historia da Música Clásica Occidental 5: o Clasicismo

O CLASICISMO

1. Introdución histórica

Fragmento do filme Goya en Burdeos (1999, Carlos Saura) onde se mostra ó pintor Francisco de Goya (1746-1828) encontrándose coa aristocracia española do momento, mentres soa o Fandango do Quinteto nº4 G448 de Luigi Boccherini (1743-1805) Este compositor da Toscana foi chelista e compositor da Capela Real da Corte Española.