martes, 24 de mayo de 2016

Novo sonigrama!

Un novo texto para o sonigrama 118!
A autoría é de Helena Galbán Rodríguez, Fernanda Fuentes Gonzaba, Brais López Fernández, Lorena Porto Álvarez e Uxía Paradela Mosquera, alumnado de 2º da ESO A do CPI Cruz do Sar, en Bergondo.

Aquí o podedes ler:

XA NON VOLVEU MÁIS

Érase unha vez unha feira:
Había moitísima xente, música de fondo, carriños de azucre, “perritos” quentes, globos...Despois de camiñar un pouco encontramos un carrusel con cabalos de madeira, nel estaban uns nenos chorando, pero en canto os cabalos rinchaban eles rían felices. De súpeto os cabalos cobraron vida e lentáronse do carrusel, correndo despavoridos! Os nenos ían enriba deles: levábannos a un paradeiro descoñecido...Todo isto non é un conto, senón que aconteceu de verdade. Seino porque Xoán, o meu irmanciño, xa non volveu con nós nunca máis.



E no seguinte enlace podedes escoitar o sonigrama lido pola presentadora do Diario Cultural, no últimos 5 min do programa:

miércoles, 11 de mayo de 2016

Novas cancións!



Neste 3º trimestre xa estamos practicando novas cancións!
Velaquí tedes algunha axuda para poder escoitalas e practicalas:

Con 2ºA tocaremos "I'm a believer", 
a divertida versión de Smash Mouth: