martes, 18 de octubre de 2016

Uptown Funk Flahmob!

No IES de Viós cócese un proxecto que promete!, 
un flashmob, co tema de Bruno Mars "Uptown Funk", e inspirado na coreografía creada o ano pasado no programa El Hormiguero. Pero non vos confiedes, non é unha simple copia...haberá sorpresas!

O motivo vai ser o magosto do día 28 de outubro, e tamén a visita ó centro dos xogadores do Deportivo, por iso o noso flasmob terá como fío condutor os deportes e os seus valores.

Para repasar a coreo do Hormiguero, nada mellor que botar un ollo a este vídeo:


"Todo o mundo é un xenio"

Iso foi o que dixo Eintein, 
e Price EA protagoniza este vídeo, reivindicando un cambio na escola, tan necesario, tan urxente, como se estivésemos nun lugar cerrado respirando fume...

hai que abrir as fiestras.


Cambialo todo...cambiándome a min

¿Pode a miña realidade cambiar se cambio algo en min...?


Diso fala Juan Bautista Segonds, quen leva adiante accións solidarias co fin de promover a paz a través dos valores do rugby. Neste vídeo, que forma parte das conferencias TED, comparte historias que nos poden inspirar para resolver conflitos na non violencia:


A escola pode cambiar o mundo!

 Diso nos fala César Bona, profesor gañador do Teacher's World Prize nesta interesante entrevista. 
Clica na imaxe e accede á páxina de RTVE, onde poderás ver este capítulo de "La aventura del Saber":


RevolucionARTE!

¡Si!, revolucionemos a educación, porque é máxica, dinámica, porque está viva e necesita de ideas, creatividade, movemento!





Non podemos seguir ancorados no mesmo esquema que fai séculos, convertendo as escolas en fábricas, e as aulas en cadenas de montaxe....





En RevolucionARTE está o espazo para a innovación, para derrubar os vellos muros e deixar circular o libre pensamento.

Igual que debería de ser o mundo: 
tiremos abaixo coas fronteiras
sexamos libres