domingo, 20 de noviembre de 2016

A música e o Universo

O espazo infinito que nos rodea 
e do que non somos sempre conscientes. 

O Universo cheo de estrelas, planetas, galaxias...

A ansia do ser humano de saber, coñecer...


E a Música, como linguaxe universal, quizais interplanetaria?

Quen sabe, pero o que si é certo é a cantidade de música que se inspira ou ten relación con todo ese mundo sen explorar. Por exemplo a suite "Os Planetas", de Gustav Holst, compositor inglés que compuxo estas 7 pezas (inspiradas nos 7 planetas Marte, Venus, Mercurio, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno) durante os primeiros anos da 1ª Guerra Mundial.



Curiosamente, Holst non se inspirou no significado puramente astronómica, senón astrolóxica: os sentimentos e a influencia de cada planeta sobre nós...

Todo o que fai falta é forza de vontade!

Abraiante a historia de Mark Goffeney, 
non vos perdades estes vídeos. 

Moitas veces queixámonos e poñemos escusas para xustificar que non imos detrás dos nosos soños, e pasamos a vida así. 
Pero cando xente como Mark se cruza nos nosos camiños aprendemos que con forza de vontade podemos conseguir o que nos propoñamos!

domingo, 13 de noviembre de 2016

¿Educar ou contra-educar?

¿Que é o que está pasando?
Deixamos atrás unha época de censura e restricións, e semella que nos pasamos ó outro extremo...

Confundimos querer ós nosos fill@s ou alumn@s con consentir e darlles todo o que desexen, sen deixar lugar para que aprendan a frustrarse, a ter paciencia, a aceptar as caídas e as derrotas. 

domingo, 6 de noviembre de 2016

As mulleres e a música

Ou poderiamos dicir: 
as mulleres...e calquera ámbito do saber.

¿Onde están nos libros de texto?
¿Onde están nos manuais de historia da música occidental?
¿Non existiron mulleres músicas, directoras, compositoras, cantantes, intérpretes, bailarinas...?

martes, 1 de noviembre de 2016

Flashmob do Samaín!

Chegou o día....e todo saíu de marabilla!


O pasado venres 28 de Outubro o noso Instituto transformouse! 

Durante toda a xornada alumnado e profesorado vivimos en equipo os xogos deportivos, a exposición de cabazas do Samaín, a preparación das castañas e o seu desfrute, a venta de bocatas e bebidas dos rapaces de 4º, e a tan agardada visita das xogadoras e xogadores do Dépor, co noso incrible Uptown Funk Flashmob!

O noso vídeo do flashmob estase preparando con agarimo, pero mentres tanto aquí tedes a gravación que fixo o equipo do Deportivo do evento:


E aquí poderedes ver e descargar as fotos do evento:
https://goo.gl/photos/Unh92wtjnrBb5iVh7

¡Noraboa a tod@s @s que participastes!,  gracias pola vosa implicación e esforzo, pola colaboración e as ganas, ¡parabéns!