martes, 31 de julio de 2018

Curtas con emoción

As curtametraxes son poderosas, concentran en pouco tempo unha fervenza de sensacións, de historias con xiros inesperados, de píldoras concentradas que nos deixan pouso.


En El Blog que te hará pensar, do profesor Pablo Gómez, atopamos esta completa recopilación de curtas para traballar valores:



Como fago co estrés??

Moitas veces nos sentimos nerviosos ou ansiosos e non sabemos como saír dese estado, como minimizalo e relaxarnos. 


No blog de Eva muerde la manzana, a autora danos claves moi prácticas para poder reducir o estrés:


Cal é o teu truco?, que che funciona para tranquilizarte cando te notas axitado?

Documentais sobre a Educación

Na revista online Educación 3.0 sempre podemos atopar información valiosa e actualizada, pero especialmente interesante este artigo sobre filmes que tratan a realidade do ensino e as alternativas á educación tradicional que coñecemos.

¿Pode a escola ser un lugar pracenteiro para docentes e alumnado?, ¿hai outros modelos de ensino posibles? Vexámolo:



E que pasa cos docentes e a súa aventura no ensino? Pois velaquí van outras 65 películas que o teñen como protagonista:

Caso Acoso



O bullying ou acoso escolar continúa vixente na nosa realidade, 
pero a loita polo respecto e a igualdade que tod@s merecemos tamén! 




Aquí tedes o facebook de CASO ACOSO, unha iniciativa da Delegación de Alumnos da Facultade de Dereito de Ourense, chea de recursos, vídeos... Premede na imaxe e non vos perdades as súas novidades!