jueves, 19 de enero de 2012

Vídeos de "Ay, linda amiga"

       E continuamos coa canción do coro, anónima renacentista. 
        Velaquí vos deixo dúas versións, a primeira está realizada polo Coro de profesores y alumnos del IES Dolores Ibárruri, Fuenlabrada (Madrid)

          

       E a segunda, un concerto no Centro Cultural do Cartaxo (Portugal) realizado pola coral Cantarte, que ademais van caracterizados da época, botádelle unha ollada.

martes, 17 de enero de 2012

Coro do IES Santiago Basanta Silva

¡Novo centro, novo coro!


       Nas terras vilalbesas comezou este curso 2011-2012 a agrupacion coral Basanta Silva.

      
     Os ensaios son os mércores no tempo de lecer, de 11:15 a 11:45, animádevos a participar!








            

              Agora estamos comezando a ver a partitura "¡Ay!, linda amiga", a dúas voces, unha melodía anónima do século XVI pertencente ó Cancionero de Palacio. 
             Aquí vos queda a partitura, aínda que non a imos ver nesta tonalidade, ímoslle baixar un ton para que non sexa tan aguda.

          En breve teredes aquí os audios das voces para que os poidades escoitar e ensaiar.

jueves, 12 de enero de 2012

Festival de Nadal no IES Santiago Basanta Silva

               O pasado decembro do 2011 celebrouse o Festival de Nadal no IES Santiago Basanta Silva. Despois da actuación da contacontos Raquel Queizás, comezaron o evento o grupo de danza de alumnas de 2º da ESO, cun baile creado por elas mesmas coa canción "Alejandro" (Lady Gaga)

          

jueves, 15 de diciembre de 2011

Todo un curso de música

         No IES Carlos Casares e o CPI Laureano Prieto a creatividade abriuse camiño durante o 2010-2011. Hoxe recordámolo cos vídeos das actuacións de música, danza, teatro...Velaquí están!


















Festival de Nadal do CPI Laureano Prieto e IES Carlos
Casares















                                                                                     Recital Día das Letras Galegas CPI Laureano Prieto
                           
                                        

viernes, 24 de junio de 2011

O coro do IES Carlos Casares no acto de Fin de Bacharelato 2011


Aquí podemos ver o coro escolar do IES Carlos Casares interpretando o himno Gaudeamus Igitur no acto de Fin de Bacharelato deste curso.