¡Xa está instalada, na entrada do IES Carlos Casares, a urna de votacións para elixir entre tod@s a canción que empregaremos no Lipdub de centro! O alumnado coordinador da actividade (1ºBAC, optativa de Música) axudou a preparar o espazo, decoralo, etc. Non agardes máis e vai depositar o teu voto!
Pode votar o alumnado, profesorado, persoal de centro, etc. Recorda: as características da canción que elixas debe ser... -Alegre e con ritmo, divertida. -Vocal: ter letra (non importa o idioma) -Respectuosa. -Ter que ver coa vida no centro, o que a ti te suxire, o que che gustaría que fose. Así que boa letra, título e artista ou grupo, e colabora, que o venres o período de votacións remata.
No Taller de Canto e Expresión Corporal continuamos traballando nas cancións de cara ó Festival de Nadal.
A nova versión do tema "Twist and Shout" (Bule e móvete! na igualdade) trata sobre a igualdade. O retrouso do tema está sacado da letra que realizou o Departamento de Normalización do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, "Falo o que quero falar", que ten como tema o galego.
Velaquí tendes o vídeo da mesma para que poidades escoitala: