O grupo Bulebule, formado polo alumnado de 1ºBach da optativa de Música do IES Arcebispo Xelmírez II, tivo a súa primeira actuación en directo!
O pasado martes 6 de Maio, durante a edición do Correlingua, tivemos ocasión de escoitar enriba dun escenario o seu tema "O galego un paso adiante", na Alameda de Santiago de Compostela.
@s músic@s e cantantes dérono todo diante diante dos centros participantes e os seus propios compañeiros do Xelmírez II, que levaban camisetas especialmente deseñadas para o evento. Despois, o alumnado poido desfrutar da actuación do grupo Superoito, un dos gañadores do Cantalingua 2014.
Premede na seguinte imaxe para acceder a unha fotomontaxe do evento:
E máis imaxes dese día no seguinte enlace:
https://picasaweb.google.com/108203684039414403749/ActuacionCantalingua2014IESArcebispoXelmirezII1Bach
lunes, 12 de mayo de 2014
lunes, 28 de abril de 2014
Olloboi 2014: empezan as votacións!
O IES Carlos Casares (Viana do Bolo) preséntase ao Concurso Audiovisual Olloboi 2014 coas súas curtametraxes "Camiñante Lipdub" e "Grease vs. Thriller"!!
Escolle unha delas e dalles o teu voto enchendo o formulario do seguinte enlace:
Só temos ata o 9 de Maio!!
Velaquí podes ver Camiñante Lipdub:
E a continuación Grease vs. Thriller:
Vota e reenvía a mensaxe, fai que o audiovisual de Viana percorra o mundo! Moitas gracias!
jueves, 24 de abril de 2014
Remata o Cantalingua 2014
Os Bulebule non gañaron o Cantalingua pero foron @s absolut@s gañador@s do público!, e aínda que este mérito non estea premiado polo certame, xa que os grupos escollidos polo alumnado-xurado foron outros, o noso "Os sons que nos unen" rematou con 1596 votos! (preme na súa foto se queres ir á páxina do Cantalingua)
Parabéns rapaces!, participar nun certame deste tipo a carón de grupos consagrados do panorama musical galego, e ter xa composta e gravada unha canción, é unha experiencia fermosa e inesquecible.
"Os sons que nos unen" continuará enchendo a rede de música no Soundcloud de A Plena Voz. Non deixes de escoitala!:
Parabéns rapaces!, participar nun certame deste tipo a carón de grupos consagrados do panorama musical galego, e ter xa composta e gravada unha canción, é unha experiencia fermosa e inesquecible.
"Os sons que nos unen" continuará enchendo a rede de música no Soundcloud de A Plena Voz. Non deixes de escoitala!:
viernes, 28 de marzo de 2014
Os Bulebule no CANTALINGUA 2014!!
Acaban de empezar e xa están dando que falar!!
A primeira canción dos Bulebule, o grupo revelación deste curso no Xelmírez II, arrasa na rede: Os sons que nos unen foi recentemente seleccionada para participar no concurso Cantalingua 2014, a carón doutros grupos consagrados do panorama musical galego!!
Parabéns para o grupo e a seguir adiante! Aquí tendes o link para ver a páxina do Cantalingua e escoitar o tema musical:
A Plena Voz xa está en Soundcloud!
Soundcloud, unha plataforma de distribución de audio on-line, será a partir de agora unha nova fiestra para mostrar o voso traballo.
Velaquí o link para compartir sons e cancións de A Plena Voz:
https://soundcloud.com/a-plena-voz

E aquí mesmo xa podedes escoitar "Os sons que nos unen"!, o primeiro single dos Bulebule! Este grupo está formado por oito rapaces de 1º de Bacharelato, eles son: Carlos Lema Salvado, Irene Merino Jiménez, Carlos Álvarez Castro,Laura Bouzas Vázquez, Lucía Otero del Río,Pedro Calvo Alboz, Verónica Baleato Castro e Tamara Adrán Naveiro. Na composición desta canción colaboraron tamén Nuria Vilares Fernández e Antía Ferreiro Troiteiro, de 2º da ESO. Aquí tedes o link:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
