domingo, 28 de septiembre de 2014

Hº Música e Danza - o Mundo Antigo 2

         Ágora, o filme de Alejandro Amenábar estreado no 2009, sitúanos no Exipto romano do século IV. A súa protagonista, Hipatia, foi unha filósofa, matemática e astrónoma, loita por salvar a sabedoría do mundo antigo, representada na famosa Biblioteca de Alexandría.

        Nesta interesante película podemos ver varios aspectos que determinarían a historia posterior: os inicios do cristianismo, que xa se empezaba a manifestar como un fenómeno de masas, as teorías científicas e o seu choque coa relixión (tanto co monoteísmo como co politeísmo), e tamén a estrutura social (escravitude, clases baixas, acomodadas)

          1) Davo e Hipatia explican os epiciclos de Ptolomeo. Conflitos cristianismo-ciencia e estrutura social:




       2) Instrumentos musicais do Mundo Antigo: o aulos. Anfiteatro e cidade de Alexandría.



Hª da Música e da Danza - O Mundo Antigo

     Ola rapaces!

   Recordamos en primeiro lugar as obras musicais conservadas de Grecia. Lembrade que aínda non temos partituras como as coñecemos hoxe, trátase de notación alfabética.

       1) Fragmento da obra Orestes, de Eurípides (ca. s. III a.C.)



          


Papiro onde se atopou o fragmento musicado da obra de Eurípides, escrito arredor do s. III en Exipto (Hermópolis). Versos 338-344 do primeiro coro do Orestes.



          2) Epitafio de Seikilos (ca. s. II ou I a.C.):





                                                            Columna de mármore onde está inscrito o epitafio, situada en Trales, Asia Menor (actual Aydin, a 30 km. da cidade de Éfeso, Turquía)

Bacharelato de Artes


         Un grupo de valentes do IES Antón Fraguas estudan o Bacharelato de Artes. 


       Valentes e bravos rapaces nestes tempos que corren, nos que as artes, todas elas, son desprezadas. 



        
    Non perdamos o Norte, que non vos importe o que vos digan sobre saídas profesionais, utilidade, sobre ser prácticos...

    Perseguide sempre os vosos soños e que nada nin ninguén vos deteña!

             En A Plena Voz atoparedes recursos (enlaces, vídeos, etc.) que veremos nas clases de Hª da Música e da Danza, e outros a maiores para que poidades ampliar información. Imos alá.    

Novo curso, novo centro

      A Plena Voz retorna neste curso 2014-2015. Iniciámolo no IES Antón Fraguas, en Santiago de Compostela.

Que haxa música, baile, ritmo, poesía!,
que se estoupe a creatividade e a paixón!,

Empezamos

lunes, 7 de julio de 2014

Rematamos...

      Marcha outro curso, e
                             desta vez,
                                       dous centros.




 O Xelmírez II volveu ferver de creatividade e diversión no 
Festival de Música de fin de curso 








¡Parabéns, rapaces, 
pola música, a danza, o canto...!, 
que nunca falte nas vosas vidas


       E un breve paso polo Eduardo Pondal deixou ecos nas aulas baleiras...

...nos corredores deshabitados, convertidos en invernadoiros abafantes...






...Fíxose a música de novo, compartiuse, e o recordo inda permanece no ar...




           No fondo remamos todos na mesma canoa, 
                          buscando o camiño, 
e os encontros guíannos un chisco máis cara ó noso destino.
          Gracias de novo, rapaces, polos encontros máxicos que a Música nos procurou, ¡desfrutade do verán, do sol, e do voso merecido descanso! A Plena Voz regresará! (en setembro : )