martes, 19 de enero de 2016

Canto a capela

Incribles as posibilidades da voz! 
Mirade o seguinte vídeo: cinco grupos que fan toda a súa música a capela, sen ningún instrumento. 
Impresionantes os últimos!: "Voca People"

Para crear as túas partituras, escoitalas, ou incluso descargar outras e poder editalas...nada mellor que o editor de partituras MuseScore. Se queredes descargalo ou ver as partituras que crearon outros usuarios, premede na seguinte imaxe:


domingo, 17 de enero de 2016

Star Wars

A BSO de Star Wars 
re-versionada dun modo incrible e moi divertido!: 
a versión a capela que cantan o grupo "The roots", o humorista e presentador Jimmy Fallon, e gran parte do casting do filme. 
Cero instrumentos, todo voces!

jueves, 14 de enero de 2016

Cups (When I'm gone)

Imos empezar a preparar Cups ou "When I'm gone" 
para o Festival de Entroido, 
unha canción da película Pitch Perfect (Dando la nota), 
así que non te perdas o videoclip orixinal de Anna Kendrick!




Podes practicar a letra co seguinte vídeo:


E a percusión do vaso con este outro!



jueves, 7 de enero de 2016

Proactivo vs. Reactivo


No post "Descubrir os teus talentos" falabamos de ser proactivo, 
en que consiste iso? 
Fixádevos nestes exemplos:

Son actitudes moi distintas, verdade?

A persoa proactiva non lle bota a culpa do que lle pasa ós elementos que a rodean nin a outras persoas, responsabilízase dos seus actos e decisións, e é quen de xestionar as súas emocións. 

É normal que o que pasa ó noso redor nos afecte en certa medida, ou que haxa días nos que nos sentimos desbordados polas circunstancias, pero se isto é excesivo, ou se nos acontece cada día, convertémonos en monicreques, dominados polo exterior, e perdemos o control de nós mesmos.

 Nestes vídeos ídelo ver claro:



E ti?, como actúas normalmente?, como che gustaría actuar?