domingo, 17 de abril de 2016

Ser feliz

Jérôme Jarre, un emprendedor e estrela das redes sociais Vine e Snapchat, rexeita un millón de dólares. Non se sabe se a historia é realmente certa ou non, pero a súa reflexión sobre a felicidade e o sentido da vida si que nos fai replantearnos as cousas.


viernes, 15 de abril de 2016

Hero


"Hero", a fermosa canción da banda de rock indie Family of the year, afincada en Los Angeles, que foi BSO do filme Boyhood, será a nosa seguinte canción en coro.

Concerto de Soncello

O vindeiro martes 19 iremos de excursión á Coruña co alumnado de 3ºESO e de 4º da optativa de Música. 


Visitaremos o MUNCYT, o Museo Científico, e despois iremos ó Palacio da Ópera a desfrutar dun concerto de Soncello Quartet. 

Se premedes na imaxe da dereita, podedes acceder ó seu blog e coñecer máis deste grupo, ou ir ó seu facebook co seguinte enlace:

martes, 12 de abril de 2016

Theremin e Gianni Luminati

"Walk off the Earth", o grupo canadiense do que forma parte o músico Gianni Luminati, fíxose famoso pola súa versión do tema de Goyte  (Somebody that I used to know) con 5 persoas tocando a mesma guitarra! Podedes velo na súa canle: Walk off the Earth

Pero hoxe tráiovos un tema con theremin, homenaxe ó rapeiro Snoop Dog, e feito con moito humor. Non volo perdades!:



Dytto!

Esta incrible bailarina e coreógrafa de dance nacida en Miami, Florida, de tan só 18 anos, crea bailes que che deixarán abraiad@!
Mira esta coreo presentada no "World of Dance" 2015, cunha versión dance da canción Barbie Girl de Aqua