Co alumnado de 3ºESO A e B, e 4ºESO de Música, descubrimos unha chea de cousas no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, e despois desfrutamos coa música de Soncello Quartet
martes, 19 de abril de 2016
domingo, 17 de abril de 2016
Ser feliz
Jérôme Jarre, un emprendedor e estrela das redes sociais Vine e Snapchat, rexeita un millón de dólares. Non se sabe se a historia é realmente certa ou non, pero a súa reflexión sobre a felicidade e o sentido da vida si que nos fai replantearnos as cousas.
viernes, 15 de abril de 2016
Hero
"Hero", a fermosa canción da banda de rock indie Family of the year, afincada en Los Angeles, que foi BSO do filme Boyhood, será a nosa seguinte canción en coro.
Concerto de Soncello
O vindeiro martes 19 iremos de excursión á Coruña co alumnado de 3ºESO e de 4º da optativa de Música.

Visitaremos o MUNCYT, o Museo Científico, e despois iremos ó Palacio da Ópera a desfrutar dun concerto de Soncello Quartet.
Se premedes na imaxe da dereita, podedes acceder ó seu blog e coñecer máis deste grupo, ou ir ó seu facebook co seguinte enlace:
martes, 12 de abril de 2016
Theremin e Gianni Luminati
"Walk off the Earth", o grupo canadiense do que forma parte o músico Gianni Luminati, fíxose famoso pola súa versión do tema de Goyte (Somebody that I used to know) con 5 persoas tocando a mesma guitarra! Podedes velo na súa canle: Walk off the Earth
Pero hoxe tráiovos un tema con theremin, homenaxe ó rapeiro Snoop Dog, e feito con moito humor. Non volo perdades!:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)