Grupo de 2º ESO - CPI Laureano Prieto - Curso 2010-2011 |
Este ano, outro grupo de rapaces de 2º da ESO do IES Santiago Basanta Silva comeza o reto de crear as súas propias letras de canción pop-rock, algúns deles incluso completarán o proceso coa gravación dos temas musicais.
Os dous procesos, distanciados no tempo, teñen moita semellanza, e a creatividade nace tamén a partir da aprendizaxe sobre experiencias anteriores. Ó final desta entrada fica o enlace para poder ler e descargar as letras que xurdiron na Gudiña. Pronto teredes tamén as cancións rematadas deste curso.
Escoiten señor@s, escoiten
o que aquí se vai contar,
coplas de Entroido do alumnado
de Segundo da ESO A.
Sonlles coplas populares,
e así se quixeron respectar
os dialectalismos e verbas variadas
que ós rapaces lles deu por usar.
Non se ofendan nin o tomen
en ningún momento a mal,
que todo é unha broma
argallada pra se mofar.
Mais escoiten, señor@s, escoiten
o que estes moz@s din,
que baixo a troula e a farsa
moitas verdades eu vin.
Rimaron os versos a eito,
ironía e crítica á par,
que para iso está o Entroido,
pra facer a copla popular.
E aquí llas deixo pra sempre,
desde o CPI Laureano Prieto,
e verán que creativos
son os rapaces de 2º da ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario