Botellófono soprano |
O grupo de 4º ESO E/C, con a axuda da profesora do departamento Tecnoloxía, María Xesús Vázquez, creou dous novos instrumentos para a aula de Música:
Botellófono contralto |
Empregáronse materiais reciclados: botellas usadas traídas polos estudantes, e para a base unha táboa sobrante do material de Tecnoloxía.
Botellófono soprano |
Un dos botellófonos (soprano) ten un son máis agudo debido a que se empregaron botellas máis pequenas. Neste creouse a escala cromática de Do:
Do - Do# - Re - Re# - Mi - Fa - Fa# - Sol - Sol# - La - La# - Si - Si# - Do'
En cambio, o segundo (contralto) soa máis grave polo maior tamaño dos recipientes. O son propio das botellas permitiu crear a escala de Sol Maior:
Sol - La - Si - Do - Re - Mi - Fa# - Sol'
Ó enchelos de auga nos seus diferentes niveis, fóronse afinando as botellas para que soaran, cada unha delas, na nota correspondente. Agora que xa está remata, só resta enchelas de novo de auga, e a tocar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario