@s músic@s á porta do Pazo da Cultura, en Narón |
¡E fíxose posible!
¡Gran éxito!: os rapaces e rapazas de 2ºD, 3ºC, e o Coro, viaxaron o xoves 24 a Narón para participar no
I Encontro de alumnado de Música da ESO e BAC de Galicia
baixo o lema deste ano:
"Música e cine"
Alí interpretaron os seus temas: "I'm a Believer" (BSO Shrek) e "He's a Pirate" (BSO Piratas do Caribe), con placas, frautas, persusión, voces e piano.
baixo o lema deste ano:
"Música e cine"
Alí interpretaron os seus temas: "I'm a Believer" (BSO Shrek) e "He's a Pirate" (BSO Piratas do Caribe), con placas, frautas, persusión, voces e piano.
Despois de moito ensaio e práctica, dúbidas e preparación, chegou o gran día: ás 10:15 no Pazo da Cultura, nervios@s e emocionad@s, dispost@s a dalo todo.
Un intre da actuación, "estoupando" en luz! |
os 11 centros vidos de toda Galicia,
xuntos,
para compartir e arriscar,
subirse ó escenario e xogar co son,
xogar coas ilusións e apostalo todo,
partituras engurradas en man,
mente esperta e oídos atentos.
E creouse a maxia.
Gracias a tod@s pola vosa entrega e traballo, pola actitude e a valentía, ¡moitos parabéns!
Podedes ver máis imaxes do Encontro no seguinte enlace:
Non podo acceder ó teu picasa para modificar nin para lograr o embled das fotos.
ResponderEliminar