martes, 27 de noviembre de 2012

Misión Lipdub!


       
              Alá imos!!

            No IES Carlos Casares vaise realizar un Lipdub colectivo, como proxecto de centro, para o 2º Trimestre, coa colaboración de alumnado, profesorado, persoal, etc.

          Un "Lipdub" ("dobraxe de beizos") é un vídeo musical feito nunha soa toma, nun plano secuencia, na que os participantes van realizando diversas accións (bailes, teatralizacións, empregando o que cada un saiba facer e incluso disfraces, movemento coordinados, etc.) mentres fan playback da canción elixida, e que vai soando ata que remata a gravación. Despois, na edición final, incorpórase a canción como banda sonora.

É un formato de actividade moi divertido, aínda que leva traballo preparalo, pero pásanse momentos moi bos, e ademais diso:


-Os Lipdub naceron como medio de mostrar, de maneira pública e entretida, o bo ambiente dun colectivo, institución, etc.
-É un modo de socializar as persoas do colectivo: o feito de colaborar nunha secuencia (tod@s teñen que estar no seu lugar no momento indicado e realizar a súa acción sincronizadamente, é como unha cadea) fai que se coñezan e interactúen dun xeito ameno e enriquecedor.
-Favorece a convivencia e o traballo cooperativo: non hai protagonistas individuais, tod@s teñen o seu momento, e o resultado final depende de saber colaborar en grupo.
-Favorece a creatividade e a imaxinación: non hai fronteiras en canto a que facer cando a un lle toca actuar, desde a roupa ou disfraz, ata interactuar cos elementos da arquitectura do Instituto, o material dos talleres, empregar danza, tocar instrumentos, mostrar imaxes, realizar carteis...
-É interdisciplinar: pódense traballar diversos aspectos especialmente na confección de materiais para o Lipdub, e mostrar o que se fai nas distintas materias, zonas do instituto, nos grupos de mediación, teatro, coro, etc.
-É moi satisfactorio cando @s implicad@s visualizan o resultado final, e todo o traballo de preparación, ensaios, etc., de súpeto vese materializado, normalmente leva a unha unión do grupo aínda máis forte.

As características do Lipdub (aínda que se ensaia) son espontaneidade, diversión, fluidez, colaboración, imaxinación...Fai dous anos fixemos no IES Carlos Casares un a nivel clase:

     E aquí tendes exemplos do que tentamos facer:
          -A nivel centro, isto sería o máis parecido ó noso, Galegando do IES Pintor Colmeiro:
http://www.youtube.com/watch?v=X9ctjGe5iAQ
E do IES Colegio LaRibera (Barcelona)
http://www.youtube.com/watch?v=AbjBil2of7Q&feature=related
       Aquí gravouse a canción facendo a súa versión e co motivo do galego:

         -A gran escala, da Universidade de Vic (pero ten truco, porque non está nunha soa toma):

        @s coordinado@s de todo isto serán o grupo de 1º de BAC da optativa da ESO (para coordinar, axudar, etc.) Se tedes dúbidas podedes preguntarlles a eles ou a Ilda, profesora de música.
          A elección da canción que imos escoller é o primeiro paso. Para iso, nas titorías estase traballando o tema do Lipdub. 
          Esta semana será para que cada quen pense a canción que quere apoiar. E para a semana que vén instalarase unha urna de votacións na entrada para que todo o persoal do centro (profesorado, alumnado, persoal de limpeza, conserxería, secretaría, cociña, cafetería, nais e pais, etc.) poida votar.
        
          As características imprescindibles da canción son:           
       -Que teña letra (o idioma pode ser calquera)        
      -Que sexa divertida e con ritmo, positiva.        
      -Respectuosa: calquera canción que na letra ou contidos trate temas de tipo machismo, violencia, etc. será descalificada da votación. O mellor sería que transmitise algún valor positivo.       
     -Intentar mostrar coa canción algún aspecto de como é o centro, ou como quereriamos que fose.

 
        Se non sabes cal votar, o alumnado de 1º de BAC presenta 4 propostas:        

          -Pan y Mantequilla (Efecto Pasillo)        
          -Caminante (Bongo Botrako)        
         -Caminando por la vida (Melendi)        
         -Algo mejor (The Locos)  
 
        Finalmente, se hai varias cancións posibles, será o grupo de 1º de BAC o que tome a decisión final.

        Gracias pola vosa colaboración
!

No hay comentarios:

Publicar un comentario