lunes, 20 de octubre de 2014

Despedida do Antón Fraguas...benvida ó Porto do Son

          A Plena Voz marcha do Antón Fraguas de Santiago.

      Foi curto pero intenso, e atrás queda a rapazada de 1ºESO de Educación Plástica e Visual, Música de 4ºESO e Historia da Música e da Danza de 2ºBACH. Moita sorte con todo rapaces!

         
 Agora empeza un novo período no IES Porto do Son, cos cursos de Música de 2º e 4ºESO. Alá imos!


Hª da Música e da Danza: nacemento e evolución da polifonía 4

Ars Nova

     Continuamos avanzando no tempo e coma sempre a música cambia e evoluciona. Deste xeito aparecen os motetes isorrítmicos, como este motete a tres voces, In arboris, de Philippe de Vitry (1291-1361)


      A técnica isorrítmica tamén se pode ver no tenor do Kyrie da Misa de Notre Dame, de Guillaume de Machaut (ca. 1300-1377)


       Xa na Ars Nova italiana aparece outra forma polifónica chamada Madrigal, como este exemplo de Giovanni da Firenze (s. XV), Appress' un fiume:


           Como exemplo de Ballata escoitade este Ecco la primavera de Francesco Landini (ca. 1325-1397): 


        Por último, dentro da música polifónica inglesa, destaca o estilo fabordón, como na introdución deste Ave Maria Stellae de Guillaume de Dufay (1397-1474)


Hª da Música e da Danza: nacemento e evolución da polifonía 3

O Códice Calixtino


      Recordade que a audición de Selectivo deste tema é o Gratulantes, pertencente ó Códice Calixtino. Velaquí tendes o enlace para descargar o audio:



Hª da Música e da Danza: nacemento e evolución da polifonía 2

     Ademais do organum, desde mediados do século XII ata principios do XIV (Ars Antiqua) irán xurdindo unha serie de novos xéneros polifónicos, como as cláusulas e os motetes.
      Reparade nas cláusulas que aparecen neste organum de Leonin, o Alleluia Pascha Nostrum. Fixádevos que neste caso a vox principalis é intrumental, realizada por un órgano (con notas moi longas en comparación coa vox originalis)


        Como exemplo de motete da Ars Antiqua, escoitades este Amours qui, de Petrus de la Cruce:

 

Hª da Música e da Danza: Nacemento e evolución da polifonía

    Ars Antiqua:     
    Velaquí tendes un exemplo de organum duplum do mestre Leonin (ca. 1135-1201), un Alleluia claramente melismático.

  
    E outra mostra de organum, neste caso cuadruplum, do mestre Perotin (ca. 1160-1230), Viderunt Omnes, coa partitura para que poidades seguir as voces.
     
     Outro exemplo dun organum duplum melisático sería este Jubilemus, exultemus anónimo, no que tamén podedes seguir as voces:

domingo, 28 de septiembre de 2014

Hª Música e Danza - A Idade Media 2

       A medida que vaiamos avanzando non vos esquezades de consultar a páxina da CIUG, especialmente para irvos descargando as audicións. 
        En primeiro lugar temos o Puer natus est nobis, o noso exemplo de canto gregoriano. Este Introito da Misa de Nadal podedes escoitalo no seguinte enlace, así como ler o descriptor da audición:



        Nesta outra versión podedes escoitalo á vez que seguides a partitura (o tetragrama con notación cadrada):



Hº Música e Danza - A Idade Media

       O filme El nombre de la rosa (Jean-Jacques Annaud, 1986), baseado da novela homónima de Umberto Eco sitúanos na Europa medieval do século XIV, nunha abadía benedictina italiana. Os protagonistas, dous monxes franciscanos, acuden ó mosteiro a investigar unha serie de estraños asasinatos.

      Aínda que a época é bastante adiantada, case ó final da Baixa Idade Media, é un moi bo exemplo sobre como se vivía nos mosteiros (as horas e oficios), o ambiente oclusivo e cerrado que imperaba así como as diferentes ocupacións (escribas, cociñeiros, etc.), o estrito control de coñecemento e pensamento que exercía a Igrexa, os conflitos entre as diferentes ordes relixiosas, etc.

         1) Resumo do argumento. Especial interese: scriptorium e códices.



Hº Música e Danza - o Mundo Antigo 2

         Ágora, o filme de Alejandro Amenábar estreado no 2009, sitúanos no Exipto romano do século IV. A súa protagonista, Hipatia, foi unha filósofa, matemática e astrónoma, loita por salvar a sabedoría do mundo antigo, representada na famosa Biblioteca de Alexandría.

        Nesta interesante película podemos ver varios aspectos que determinarían a historia posterior: os inicios do cristianismo, que xa se empezaba a manifestar como un fenómeno de masas, as teorías científicas e o seu choque coa relixión (tanto co monoteísmo como co politeísmo), e tamén a estrutura social (escravitude, clases baixas, acomodadas)

          1) Davo e Hipatia explican os epiciclos de Ptolomeo. Conflitos cristianismo-ciencia e estrutura social:




       2) Instrumentos musicais do Mundo Antigo: o aulos. Anfiteatro e cidade de Alexandría.



Hª da Música e da Danza - O Mundo Antigo

     Ola rapaces!

   Recordamos en primeiro lugar as obras musicais conservadas de Grecia. Lembrade que aínda non temos partituras como as coñecemos hoxe, trátase de notación alfabética.

       1) Fragmento da obra Orestes, de Eurípides (ca. s. III a.C.)



          


Papiro onde se atopou o fragmento musicado da obra de Eurípides, escrito arredor do s. III en Exipto (Hermópolis). Versos 338-344 do primeiro coro do Orestes.



          2) Epitafio de Seikilos (ca. s. II ou I a.C.):





                                                            Columna de mármore onde está inscrito o epitafio, situada en Trales, Asia Menor (actual Aydin, a 30 km. da cidade de Éfeso, Turquía)

Bacharelato de Artes


         Un grupo de valentes do IES Antón Fraguas estudan o Bacharelato de Artes. 


       Valentes e bravos rapaces nestes tempos que corren, nos que as artes, todas elas, son desprezadas. 



        
    Non perdamos o Norte, que non vos importe o que vos digan sobre saídas profesionais, utilidade, sobre ser prácticos...

    Perseguide sempre os vosos soños e que nada nin ninguén vos deteña!

             En A Plena Voz atoparedes recursos (enlaces, vídeos, etc.) que veremos nas clases de Hª da Música e da Danza, e outros a maiores para que poidades ampliar información. Imos alá.    

Novo curso, novo centro

      A Plena Voz retorna neste curso 2014-2015. Iniciámolo no IES Antón Fraguas, en Santiago de Compostela.

Que haxa música, baile, ritmo, poesía!,
que se estoupe a creatividade e a paixón!,

Empezamos

lunes, 7 de julio de 2014

Rematamos...

      Marcha outro curso, e
                             desta vez,
                                       dous centros.




 O Xelmírez II volveu ferver de creatividade e diversión no 
Festival de Música de fin de curso 








¡Parabéns, rapaces, 
pola música, a danza, o canto...!, 
que nunca falte nas vosas vidas


       E un breve paso polo Eduardo Pondal deixou ecos nas aulas baleiras...

...nos corredores deshabitados, convertidos en invernadoiros abafantes...






...Fíxose a música de novo, compartiuse, e o recordo inda permanece no ar...




           No fondo remamos todos na mesma canoa, 
                          buscando o camiño, 
e os encontros guíannos un chisco máis cara ó noso destino.
          Gracias de novo, rapaces, polos encontros máxicos que a Música nos procurou, ¡desfrutade do verán, do sol, e do voso merecido descanso! A Plena Voz regresará! (en setembro : )


lunes, 12 de mayo de 2014

Actuación no Correlingua dos Bulebule!

          O grupo Bulebule, formado polo alumnado de 1ºBach da optativa de Música do IES Arcebispo Xelmírez II, tivo a súa primeira actuación en directo!



         O pasado martes 6 de Maio, durante a edición do Correlingua, tivemos ocasión de escoitar enriba dun escenario o seu tema "O galego un paso adiante", na Alameda de Santiago de Compostela. 
       @s músic@s e cantantes dérono todo diante diante dos centros participantes e os seus propios compañeiros do Xelmírez II, que levaban camisetas especialmente deseñadas para o evento. Despois, o alumnado poido desfrutar da actuación do grupo Superoito, un dos gañadores do Cantalingua 2014.
       Premede na seguinte imaxe para acceder a unha fotomontaxe do evento:



      E máis imaxes dese día no seguinte enlace:
    https://picasaweb.google.com/108203684039414403749/ActuacionCantalingua2014IESArcebispoXelmirezII1Bach

lunes, 28 de abril de 2014

Olloboi 2014: empezan as votacións!

     IES Carlos Casares (Viana do Bolo) preséntase ao Concurso Audiovisual Olloboi 2014 coas súas curtametraxes "Camiñante Lipdub" e "Grease vs. Thriller"!! 


          Escolle unha delas e dalles o teu voto enchendo o formulario do seguinte enlace:

Só temos ata o 9 de Maio!!

Velaquí podes ver Camiñante Lipdub:


E a continuación Grease vs. Thriller:

   
        Vota e reenvía a mensaxe, fai que o audiovisual de Viana percorra o mundo!  Moitas gracias! 
        

jueves, 24 de abril de 2014

Remata o Cantalingua 2014

      Os Bulebule non gañaron o Cantalingua pero foron @s absolut@s gañador@s do público!, e aínda que este mérito non estea premiado polo certame, xa que os  grupos escollidos polo alumnado-xurado foron outros, o noso "Os sons que nos unen" rematou con 1596 votos! (preme na súa foto se queres ir á páxina do Cantalingua)



       Parabéns rapaces!, participar nun certame deste tipo a carón de grupos consagrados do panorama musical galego, e ter xa composta e gravada unha canción, é unha experiencia fermosa e inesquecible.
       "Os sons que nos unen" continuará enchendo a rede de música no Soundcloud de A Plena Voz. Non deixes de escoitala!:

viernes, 28 de marzo de 2014

Os Bulebule no CANTALINGUA 2014!!

    Acaban de empezar e xa están dando que falar!! 

      A primeira canción dos Bulebule, o grupo revelación deste curso no Xelmírez II, arrasa na rede: Os sons que nos unen foi recentemente seleccionada para participar no concurso Cantalingua 2014, a carón doutros grupos consagrados do panorama musical galego!!


Parabéns para o grupo e a seguir adiante! Aquí tendes o link para ver a páxina do Cantalingua e escoitar o tema musical:

A Plena Voz xa está en Soundcloud!

   
  Soundcloud, unha plataforma de distribución de audio on-line, será a partir de agora unha nova fiestra para mostrar o voso traballo. 

Velaquí o link para compartir sons e cancións de A Plena Voz:

                           https://soundcloud.com/a-plena-voz 


     E aquí mesmo xa podedes escoitar "Os sons que nos unen"!, o primeiro single dos Bulebule! Este grupo está formado por oito rapaces de 1º de Bacharelato, eles son: Carlos Lema Salvado, Irene Merino Jiménez, Carlos Álvarez Castro,Laura Bouzas Vázquez, Lucía Otero del Río,Pedro Calvo Alboz, Verónica Baleato Castro e Tamara Adrán Naveiro. Na composición desta canción colaboraron tamén Nuria Vilares Fernández e Antía Ferreiro Troiteiro, de 2º da ESO. Aquí tedes o link:

lunes, 24 de marzo de 2014

Unha ata logo

Hoxe A Plena Voz despídese dun centro que lle foi moi querido.

        Un lugar, o IES Arcebispo Xelmírez II, onde atopei xente asombrosa, e que deixo con mágoa. Profesorado, persoal de centro...

               Pero hoxe, isto vai dedicado en concreto a vós,
 rapaces,
pequen@s (e non tan pequen@s) tol@s, 
O meu alumnado deste curso 2013-2014.

        Sempre se di que os profes ensinamos, e vós aprendedes. A estas alturas xa non o teño tan claro...Aprendín moitísimo de vós, pásame canda ano, pero este especialmente. Pode que eu estea aprendendo tamén cómo chegar a vós, cómo conectar, cómo entendervos. E iso, asegúrovolo, axúdame a entenderme a min mesma. 

              Este curso, e estes días especialmente, sentín o voso cariño. Contades co meu, tamén. Aínda que marcho, en parte lévovos comigo. Tamén parte de min fica aí, con vós. 

        E aquilo que compartimos: os momentos máxicos nos que todo fluía, a conexión, o festival, as excursión, os días terribles e caóticos (si, tamén eses!), todo iso forma xa parte de nós, e levarémolo dentro, para sempre.

                 Como me dixo alguén sabio hoxe: "Non é un adeus, é un ata logo". Así que marcho con tristura, si, pero tamén feliz! Feliz de coñecer tan boa xente, de ter a oportunidade este curso de estar aí, con vós. Feliz porque nos recreos a música xurdía maxicamente: montabades grupos, orquestras, bailes (algúns montaban incluso procesións...!), vós sós, coa vosa creatividade e iniciativa. Feliz porque estou segura de que nos atoparemos no futuro, e que a vida nos depara grandes aventuras. Recordade: o mellor sempre está por chegar!

                    Eu só podo repetir o meu agradecemento, GRACIAS!, gracias por todo. Foi un honor e un pracer. 

         Como saben ben os meus oito Bule-Bule, a música é a mellor terapia, tamén para alegrarse cando un está algo triste. Así que escoitade este "Happy", de Pharrell Williams, e tod@ o mundo a bailar!





domingo, 23 de marzo de 2014

Novas fotos do Entroido e Excursión ó Auditorio: Imos á Banda!

   
    Temos novas fotos da festa de Entroido!, 

preme no enlace e volve a revivir aquela xornada:
             
https://picasaweb.google.com/108203684039414403749/Entroido2014IESArcebispoXelmirezII

        Ademais, o pasado venres 7 de marzo, o alumnado de 2ºESO acudiu ó Auditorio de Galicia para desfrutar dun novo concerto didáctico: a actuación dos músicos da Banda Municipal de Música de Santiago xuntos cos da Banda Profesional do CMUS.


      Interpretaron obras de R. Talens, A. Reed e J. de Meij. Aquí podedes ver máis imaxes do evento: 
https://picasaweb.google.com/108203684039414403749/ConcertoDidacticoImosABanda_IESArcebispoXelmirezII

miércoles, 5 de marzo de 2014

Paco de Lucía

Hai poucos días, deixounos un dos grandes. 


          O mundo da Música perdeu a Francisco Sánchez Gómez, alias "Paco de Lucía", chamado así pola súa nai, Luzía Gomes. 

martes, 4 de marzo de 2014

Concerning Hobbits

Velaquí podedes ver o tema musical Concerning Hobbits, da BSO The Lord of the Rings, interpretada por frauta traveseira. Toca o tema da frauta orixinal da música do filme e tamén o tema do violín. Fixádevos especialmente no ritmo, silencios e respiracións.


Recordade que a vosa partitura está adaptada para frauta doce (na melodía do violín, hai notas que non podemos interpretar e están subidas ó agudo) e que nesta interpretación hai tamén adornos que non están incluídos na partitura.

Entroido 2014!!

Gran festa de Entroido no IES Arcebispo Xemírez!:



             Demostración de judo, degustación e concurso de saborosos postres caseiros, desfile de disfraces e comparsas relacionadas con contos populares....


Rematamos creando unha gran pista de baile no vestíbulo do Instituto. No seguinte enlace podedes ver e descargar as imaxes dun día inolvidable!:
https://picasaweb.google.com/108203684039414403749/Entroido2014IESArcebispoXelmirezII

sábado, 8 de febrero de 2014

The Telephone no Auditorio


     O pasado venres 31 de xaneiro o alumnado de 4º ESO e 1ºBACH da optativa de Música acudiron ao concerto didáctico do Auditorio de Galicia.

Festival de Música de Nadal

         Xa temos vídeo-resumo do Festival de Música de Nadal! 




           A desfrutar coas actuacións que preparou o alumnado do IES Arcebispo Xelmírez II o pasado decembro:

miércoles, 8 de enero de 2014

Festival de Nadal 2013

         O pasado venres 20 de Decembro tivemos a sorte de desfrutar co Festival de Nadal organizado polo alumnado e profesorado do IES Arcebispo Xelmírez II.