Hoxe A Plena Voz despídese dun centro que lle foi moi querido.
Pero hoxe, isto vai dedicado en concreto a vós,
rapaces,
pequen@s (e non tan pequen@s) tol@s,
O meu alumnado deste curso 2013-2014.
Sempre se di que os profes ensinamos, e vós aprendedes. A estas alturas xa non o teño tan claro...Aprendín moitísimo de vós, pásame canda ano, pero este especialmente. Pode que eu estea aprendendo tamén cómo chegar a vós, cómo conectar, cómo entendervos. E iso, asegúrovolo, axúdame a entenderme a min mesma.
Este curso, e estes días especialmente, sentín o voso cariño. Contades co meu, tamén. Aínda que marcho, en parte lévovos comigo. Tamén parte de min fica aí, con vós.
E aquilo que compartimos: os momentos máxicos nos que todo fluía, a conexión, o festival, as excursión, os días terribles e caóticos (si, tamén eses!), todo iso forma xa parte de nós, e levarémolo dentro, para sempre.
Como me dixo alguén sabio hoxe: "Non é un adeus, é un ata logo". Así que marcho con tristura, si, pero tamén feliz! Feliz de coñecer tan boa xente, de ter a oportunidade este curso de estar aí, con vós. Feliz porque nos recreos a música xurdía maxicamente: montabades grupos, orquestras, bailes (algúns montaban incluso procesións...!), vós sós, coa vosa creatividade e iniciativa. Feliz porque estou segura de que nos atoparemos no futuro, e que a vida nos depara grandes aventuras. Recordade: o mellor sempre está por chegar!
Eu só podo repetir o meu agradecemento, GRACIAS!, gracias por todo. Foi un honor e un pracer.
Como saben ben os meus oito Bule-Bule, a música é a mellor terapia, tamén para alegrarse cando un está algo triste. Así que escoitade este "Happy", de Pharrell Williams, e tod@ o mundo a bailar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario