A primeira canción dos Bulebule, o grupo revelación deste curso no Xelmírez II, arrasa na rede: Os sons que nos unenfoi recentemente seleccionada para participar no concurso Cantalingua 2014, a carón doutros grupos consagrados do panorama musical galego!!
Parabéns para o grupo e a seguir adiante! Aquí tendes o link para ver a páxina do Cantalingua e escoitar o tema musical:
Soundcloud, unha plataforma de distribución de audio on-line, será a partir de agora unha nova fiestra para mostrar o voso traballo. Velaquí o link para compartir sons e cancións de A Plena Voz: https://soundcloud.com/a-plena-voz
E aquí mesmo xa podedes escoitar "Os sons que nos unen"!, o primeiro single dos Bulebule! Este grupo está formado por oito rapaces de 1º de Bacharelato, eles son:Carlos Lema Salvado, Irene Merino Jiménez, Carlos Álvarez Castro,Laura Bouzas Vázquez, Lucía Otero del Río,Pedro Calvo Alboz, Verónica Baleato Castro e Tamara Adrán Naveiro. Na composición desta canción colaboraron tamén Nuria Vilares Fernández e Antía Ferreiro Troiteiro, de 2º da ESO.Aquí tedes o link:
Hoxe A Plena Voz despídese dun centro que lle foi moi querido.
Un lugar, o IES Arcebispo Xelmírez II, onde atopei xente asombrosa, e que deixo con mágoa. Profesorado, persoal de centro... Pero hoxe, isto vai dedicado en concreto a vós,
rapaces,
pequen@s (e non tan pequen@s) tol@s,
O meu alumnado deste curso 2013-2014.
Sempre se di que os profes ensinamos, e vós aprendedes. A estas alturas xa non o teño tan claro...Aprendín moitísimo de vós, pásame canda ano, pero este especialmente. Pode que eu estea aprendendo tamén cómo chegar a vós, cómo conectar, cómo entendervos. E iso, asegúrovolo, axúdame a entenderme a min mesma. Este curso, e estes días especialmente, sentín o voso cariño. Contades co meu, tamén. Aínda que marcho, en parte lévovos comigo. Tamén parte de min fica aí, con vós. E aquilo que compartimos: os momentos máxicos nos que todo fluía, a conexión, o festival, as excursión, os días terribles e caóticos (si, tamén eses!), todo iso forma xa parte de nós, e levarémolo dentro, para sempre. Como me dixo alguén sabio hoxe: "Non é un adeus, é un ata logo". Así que marcho con tristura, si, pero tamén feliz! Feliz de coñecer tan boa xente, de ter a oportunidade este curso de estar aí, con vós. Feliz porque nos recreos a música xurdía maxicamente: montabades grupos, orquestras, bailes (algúns montaban incluso procesións...!), vós sós, coa vosa creatividade e iniciativa. Feliz porque estou segura de que nos atoparemos no futuro, e que a vida nos depara grandes aventuras. Recordade: o mellor sempre está por chegar! Eu só podo repetir o meu agradecemento, GRACIAS!, gracias por todo. Foi un honor e un pracer. Como saben ben os meus oito Bule-Bule, a música é a mellor terapia, tamén para alegrarse cando un está algo triste. Así que escoitade este "Happy", de Pharrell Williams, e tod@ o mundo a bailar!
Velaquí podedes ver o tema musical Concerning Hobbits, da BSO The Lord of the Rings, interpretada por frauta traveseira. Toca o tema da frauta orixinal da música do filme e tamén o tema do violín. Fixádevos especialmente no ritmo, silencios e respiracións.
Recordade que a vosa partitura está adaptada para frauta doce (na melodía do violín, hai notas que non podemos interpretar e están subidas ó agudo) e que nesta interpretación hai tamén adornos que non están incluídos na partitura.