domingo, 20 de septiembre de 2015

Empezamos con RITMO!

     Estes días en clase creastes unha breve secuencia rítmica con instrumentos de pequena percusión, e cando vos preguntei por algún ritmo que tod@s coñecerades, ineludiblemente vos referiades a...




      Si!, "We will rock you", da banda de rock QUEEN, coa súa inconfundible percusión inicial. Este mítico grupo británico revolucionou a historia da música durante os anos 70 ata os 90, cando o seu cantante, desgraciadamente, morreu. Freddie Mercury, o carismático e xenial solista da banda, que tamén tocaba o piano e compuña, tiña un estilo persoal rompedor, unha voz prodixiosa. Os outros integrantes do grupo foron Brian May (guitarra, voz), Roger Taylor (batería, voz) e John Deacon (baixo), todos eles compositores tamén, aínda que especialmente May. 


Evolución do grupo Queen. Nos 70 (esquerda) e nos 80

           Actualmente Brian May e Roger Taylor continúan traballando baixo o nome de Queen, pero o impacto do grupo no mundo musical non ten nada que ver co que foi no pasado. Ó escoitar os seus temas pódese ver a influencia e experimentación con diferentes estilos, como o rock progresivo, o glam-rock, o hard rock...e incluso xogando con xéneros como a ópera. Pero deixemos as etiquetas a un lado, a mellor maneira de coñecelos é que os escoitedes.


       Un incrible directo de "Bohemina Rapsody"




E a "Don't stop me now"!, chea de enerxía positiva para empezar o curso!



2 comentarios:

  1. Me encanta la canción :D me gustaria que pusieras un poco de AC DC.
    Me encanta el blog ;D

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro que si!, moi pronto terás unha entrada dedicada ó emblemático grupo de rock ACDC, e gracias por participar!

      Eliminar