Viaxemos no tempo!, e para iso compre disfrazarse!
A mellor maneira de coñecer a vestimenta da época renacentista é botar unha ollada ós cadros e pinturas daquel entón, así como as ilustracións dos manuais de danza, que como xa sabedes naceron no Renacemento.
A mellor maneira de coñecer a vestimenta da época renacentista é botar unha ollada ós cadros e pinturas daquel entón, así como as ilustracións dos manuais de danza, que como xa sabedes naceron no Renacemento.
No caso de Rostiboli Giosioso recordade que estamos bailando unha danza cortesá ou de salón, e polo tanto bailada pola aristocracia, o que nos leva a un tipo determinado de traxe ou vestido, que representaba tamén o estatus social de quen o levaba.
Porén, nós poderemos empregar calquera vestimenta de calquera clase social da época, só fai falta creatividade e botar man de prendas cotiás para modificalas e adaptarse ós séculos XV e XVI. Inspirádevos nestas imaxes e buscade algún elemento que sirva para trasladarnos a esta época: sombreiro, pano, saia...A imaxinación ó poder!
As películas tamén son unha boa fonte de inspiración, xa que o vestiario ten que estar ben adaptado á época na que transcorren, deben ser historicamente fiables.
Fixádevos se non nesta escena de baile do filme "Shakespeare in love", unha ficción baseada na vida e obra do gran dramaturgo inglés William Shakespeare (s. XVI-XVII)
No hay comentarios:
Publicar un comentario