A nosa voz pódese clasificar de moitas maneiras:
-Dependendo do xénero: a de muller, home, a infantil e a asexual (a que tiñan os chamados castrati)
-Dependendo da intensidade, o timbre, o estilo, a idade (as voces dos nenos serían voces brancas), etc.
Pero a clasificación que máis nos interesa hoxe é a da tesitura, é dicir, o conxunto de sons ós que se adapta unha voz, os que se poden cantar sen esforzo.
Desta maneira, nos adultos coa voz no seu grao de madurez, atopamos as seguintes voces (de máis agudo a grave):
Soprano
Mezzosoprano
Contralto
Homes
Tenor
Barítono
Baixo
Ademais, nas voces masculinas podemos atopar a de Contratenor (máis agudo que o tenor, rexistro que se podería corresponder cos castrati) e o de contrabaixo (máis grave e profunda que a de baixo) E dentro de cada unha das voces podemos atopar diferentes tipos dependendo do timbre.
Aquí podes ver a notas que poden cantar comodamente as diferentes voces profesionais. Recorda que a tesitura non é o mesmo que a extensión (o conxunto de notas que alguén pode emitir, con e sen esforzo) E ten en conta tamén que os límites da tesitura son variables (as notas máis agudas e graves), xa que depende de cada persoa e das súas características.
Dintinguiríalas cando as oes?
Compróbao no seguinte enlace: escoita as diferentes voces premendo na imaxe:
Neste blog atoparás vídeos de máis tipos de voces e un montón de información sobre o canto e a voz:
E por último un vídeo inspirador, sobre como ás veces xulgamos ás persoas polo aspecto ou como nos sentimos xulgados polos demais...e tamén do valor da amizade e de como a música, e o canto en concreto, poden axudarnos a expresar o que levamos dentro, a ser nós mesmos, a ser felices!, e deixar de lado o que opinen de nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario