Igual que un deportista necesita preparar o corpo para o deporte, un cantante tamén necesita preparar a súa voz, e curiosamente iso implica tamén o corpo e a mente!
Xa vedes que nas sesións de coro sempre empezamos con xogos e exercicios de quecemento, un deles, moi simple, é mover o corpo cunha canción. Unha sinxela coreografía axuda a varias cousas: entrar en calor, relaxarse e, especialmente, pasalo ben! Un sorriso vaivos axudar a cantar máis que nada. :D
Todo vai influír no canto: o noso estado anímico, se estamos máis contentos ou tristes; tamén se temos o corpo tenso ou frío: daquela as cordas vocais estarán igual de tensas e frías, custaranos máis cantar. Pola contra, se estamos relaxados e cun calorciño san no corpo, todo irá máis fluído e fácil.
E por último, inflúe moito se estamos respirando a medias, quedándonos sen ar e sen aproveitar a nosa respiración a tope, ou enchemos os nosos pulmóns con ar fresco e abondoso, abrimos ben, e osixenamos o noso corpo e cerebro.
Por iso, cando te poñas a cantar, recorda as 3 palabras clave:
QUECEMENTO
RELAXACIÓN
RESPIRACIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario