Na última sesión de coro falamos dos pasos para cantar ben.
Recordade:
QuecementoRelaxación
Respiración
E centrámonos especialmente na respiración e nunha parte da nosa anatomía chamada diafragma, un tecido músculo-tendinoso que separa a cavidade torácica da abdominal.
Practicamos a respirar enviando o ar ó ventre, á zona do abdome, facendo que este saíse para fóra; logo enviamos o ar ó tórax, á zona dos pulmóns; e por último á zona superior, das clavículas. Sempre colocando as mans sobre cada unha das zonas para notalo ben.
Estas respiracións chámanse 1) diafragmática, abdominal ou baixa; 2) torácica ou media; e 3) clavicular ou alta. Pois ben, a que máis nos interesa para o canto vai ser unha unión da diafragmática e a abdominal, a chamada respiración costal-abdominal ou completa.
Para conseguir este tipo de respiración practicaremos a inspirar lentamente, relaxando a zona do ventre para que se inche, ó tempo que abrimos as costelas e o peito. Cando xa non podas meter máis ar dentro, aguanta un segundo, e logo exhala, lentamente, sentindo como te baleiras e te relaxas á vez.
Este tipo de respiración é incrible tamén para relaxarse, e úsase en moitas técnicas de relaxación e concentración. Vaiche axudar moito deitarte sobre unha colchoneta ou na cama para poder inhalar ben e abrir máis o abdome e tórax.
Un truco para sentir como podemos contraer o ventre, é tusir ou rir poñendo as mans no abdome, verás como o notas claramente. Ese é o efecto que necesitamos controlar para ampliar a nosas capacidade respiratoria. De feito, o hipo débese ás contraccións involuntarias do diafragma.
Neste vídeo podes ver dun modo moi claro como é o diafragma e como funciona:
No hay comentarios:
Publicar un comentario