O vindeiro 12 de febreiro, o alumnado de 2ºESO do CPI Cruz do Sar acudirá ó Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a desfrutar dun concerto: a sinfonía nº5 de Franz Schubert. Despois, visitarán a Catedral de Santiago e farán unha visita ás súas cubertas.
O concerto estará interpretado pola Real Filharmonía de Galicia e por alumnado do Conservatorio de Música de Santiago. Alí poderedes ver os instrumentos e seccións que compoñen unha orquestra clásica. Sabes cales son?
Se premes na seguinte imaxe, accederás a un xogo no que terás que colocar os instrumentos no seu lugar:
O director do concerto será
Diego García, aquí o tedes nun ensaio:
 |
Schubert dando un dos seus recitais de lieder, composicións para voz e piano |
A obra, o
concerto nº5 en Si bemol Maior foi composta a principios do século XIX por
Franz Schubert, compositor austríaco, considerado o último gran representante do
Clasicismo, que levaran ó seu esplendor compositores como Haydn ou Mozart (caracterizado pola procura do equilibrio e a proporción, a beleza harmónica, as estruturas claras e simétricas...); pero ó mesmo tempo iniciador do
Romanticismo (no que impera a subxectividade, as melodías apaixonadas, intensa expresión de sentimentos, fortes contrastes...).
-> Escoitade con atención a sinfonía o vindeiro venres e pensade a cal corrente estética se achega máis: ó Clasicismo ou ó Romanticismo..?
No hay comentarios:
Publicar un comentario