ese baile metade inventado, metade fusionado coas danzas tradicionais da India e con elementos pop,
relacionado coa industria cinematográfica con maior produción do planeta, en hindi, e afincada en Mumbai.
Imos aprender esta divertida coreografía da canción Chanmak Challo (do filme Ra One) Con ela fíxose un flashmob de Bollywood no ano 2011. Aquí están os titoriais para repasala:
PARTE 1
PARTE 2
E a versión completa para bailala!
E agora algunhas ideas para vestiario e caracterización.
No caso das mulleres, a prenda do traxe tradicional por excelencia é o Sari, unha longa tela de seda usada como vestido, posta arredor da cintura e colocada sobre o ombreiro e ás veces tamén sobre a cabeza.
No caso dos homes está o Dhoti, outra peza rectangular de algodón que tamén se anuda arredor da cintura e únese pasándoo entre as pernas, creando un pantalón amplo.
Ou o Kurtha, unha túnica longa de algodón. Ambas as dúas prendas conforman unha indumentaria moi semellante á que levaba Mahatma Gandhi, como reivindicación da poboación rural e esquecida da India.
E non vos esquezades do Bindi!, o elemento decorativo na fronte que simboliza o terceiro ollo, o lugar da sabedoría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario