miércoles, 18 de enero de 2017

Xogar coa música

As calidades do son, a altura-duración-intensidade-timbre, non son unicamente palabras baleiras que os profes repiten cada curso...en realidade permítennos modificar os sons e xogar con eles, incluso crear as nosas propias melodías. 
 

Tomade nota, porque con estas claves convertirédesvos en expertos compositores!






Seguro que coñecedes xa a base sobre a cal escribimos música: 
o pentagrama.



 Pero podemos facer moito máis que escribir 
notas e figuras nun pentagrama...

¿Queremos cambiar a altura das notas?, velaquí están as alteracións. Descubrirás como funcionan premendo na imaxe:
https://gsdgmusica.wordpress.com/2014/09/29/alteraciones-musicales/

http://musicalico.blogspot.com.es/2009/09/alteraciones.html
 E poderás indagar máis coa seguinte imaxe, preme nela e accederás a un caderno de música:



¿Como facemos para cambiar a duración das figuras e silencios?, para iso están os signos de prolongación do son. Se premes na imaxe atoparás máis información sobre como se utilizan:

https://fuentemusica.blogspot.com.es/2010/05/signos-de-prolongacion.html






Profundiza máis no seu uso no seguinte enlace desta imaxe:







En cambio, se queremos modificar a intensidade dun son, temos que recorrer ós matices dinámicos ou de intensidade, que seguro que vos soan a tod@s:






Algúns símbolos poderían confundirse cos matices de dinámica, porque en parte tamén afectan á intensidade, pero son os signos de articulación ou fraseo, e teñen que ver con como unimos uns sons con outros. Aquí os tedes, preme nas imaxes para saber máis sobre eles:






E temos outros matices, aqueles que modifican o tempo dunha canción, tamén chamados matices agóxicos. Preme na imaxe para saber máis dos 2 tipos de matices:
Tamén podedes profundizar no seu uso no seguinte enlace, cheo de actividades  e recursos, fai dobre clic na imaxe!:

Por último, non nos esquezamos dos signos de repetición. Ás veces poden sernos moi útiles para escribir partituras dun modo máis simple. Preme na imaxe e aprende cales son:

E tampouco deixemos de lado o carácter da música, o sentimento e intención que require toda obra. Difícil de traducir en palabras, a maxia da música require de emoción e de transmisión de emocións. Mirade unha lista dos principais termos de carácter no seguinte enlace:



Nunha partitura usariamos todo isto como no seguinte exemplo:


No hay comentarios:

Publicar un comentario