martes, 7 de febrero de 2017

Jazz

Cando miramos atrás buscando a orixe das músicas populares urbanas: do rock, blues,  jazz, reagge...;
sempre temos que ir ó mesmo sitio:

ÁFRICA

O jazz, como todas, é unha música mestiza, e ten como avós os ritmos africanos e a música europea, cando se obrigou ós escravos africanos a traballar nos campos de algodón dos homes brancos, na América do século XVII.


Os escravos negros acabaron asimilando a relixión cristiá, especialmente baptista e metodista, e cantaban salmos nas igrexas, mesturando as súas raíces tradicionais africanas coas harmonías europeas dos brancos. Así naceu o GOSPEL no lado relixioso, e o BLUES nas rúas e plantacións.



Un longo camiño pasando por estilos como o dixieland, swing, bebop...ata chegar ó día de hoxe e a incrible variedade de mundos que existen no jazz.





No hay comentarios:

Publicar un comentario