domingo, 7 de mayo de 2017

Ser profes no sistema educativo

De vez en cando saen voces de entre a escuridade, profesionais inquedos do ensino que falan A Plena Voz, que denuncian, claman ós ceos, verbalizan o silenciado... 

Non é sinxelo conseguir ser auténtic@s nun sistema moitas veces hostil. Ou levar ás aulas creatividade, amor, entrega...cando te atopas con tantos obstáculos. 

Unha profesora do IES Isidro de Arcenegui (Maarchena, Sevilla), Eva María Romero Valderas, escribiu en xaneiro esta liberadora carta, farta da falta de apoio da administración, da sociedade que cría rapaces consentid@s e tiran@s, de pais e nais hiper-esixentes...


E máis recentemente, Pablo Poó Gallardo, profesor de Lingua Castelá e Literatura, gravou este vídeo, dirixido ós seus alumnos suspensos. Non volo perdades, non só vai dirixido a eles, tamén a todos nós:


No hay comentarios:

Publicar un comentario