martes, 17 de octubre de 2017


Hoxe en Galicia non chove,
hoxe chora.

Sáenos de dentro o Nunca Máis!, outra vez.
Outra vez.
Un berro de dor e noxo.
Mais de novo acontece...
De novo estamos nós apagando as lapas, recollendo o chapapote...
Cantas veces Máis farán falta?
Canto Máis ten que arder??
Señores inútiles do goberno: non son “uns cantos pirómanos”, non é “un feito propiciado polas temperaturas”, as lapas non “viñeron de Portugal”!
Como se atreven!, de verdade cren que somos tan parvos?
Isto que aconteceu é un crime,
non ten outro nome,
e vostedes son cómplices e instigadores!
Cantas escusas Máis teremos que escoitar?
Aborrecida deste absurdo, de que non se tomen medidas, dunha xestión de montes nefasta, dun sistema de prevención de lumes inexistente, de que triunfen os intereses económicos e a especulación sobre a conservación da nosa Beleza.
Si.
Aquí mátase a Beleza, descóidase.
Pisamos a farmacia cada día e nin nos decatamos.
Gozamos de bosques de ensoño e permítese a planta masiva de eucalipto.
Farta de tanta mentira...
Espabilen! Fagan algo dunha vez!
Porque se non algún día todo será cinza e po,
a ver que escusa nos contan para entón.


Hoxe en Galicia non chove.

Un curso diferente


Un novo curso empeza!, 
mais desta volta 
A Plena Voz inicia unha etapa diferente. 

Nova vida ábrese camiño, 
e á vez novas inquedanzas que levaban tempo adormecidas, agardando. 
Porque, en ocasións, non é certo o que nos din de que temos que atopar esa única vocación que nos apaixona, ese único interese. Moit@s temos múltiples intereses!, 
e ás veces a falta de tempo é o factor que determina telos aparcados. Ata que de súpeto chega o día no que podemos meternos de cheo neles, mergullarse e experimentar unha nova dimensión de nós mesm@s. 

A escritora e artista Emilie Wapnick explícao dun modo ameno no seguinte vídeo. Non volo perdades!