hoxe chora.
Sáenos de dentro o Nunca
Máis!, outra vez.
Outra vez.
Un berro de dor e noxo.
Mais de novo acontece...
De novo estamos nós
apagando as lapas, recollendo o chapapote...
Cantas veces Máis farán
falta?
Canto Máis ten que
arder??
Señores inútiles do
goberno: non son “uns cantos pirómanos”, non é “un feito
propiciado polas temperaturas”, as lapas non “viñeron de
Portugal”!
Como se atreven!, de
verdade cren que somos tan parvos?
Isto que aconteceu é un
crime,
non ten outro nome,
e vostedes son cómplices
e instigadores!
Cantas escusas Máis
teremos que escoitar?
Aborrecida deste absurdo,
de que non se tomen medidas, dunha xestión de montes nefasta, dun
sistema de prevención de lumes inexistente, de que triunfen os
intereses económicos e a especulación sobre a conservación da nosa
Beleza.
Si.
Aquí mátase a Beleza,
descóidase.
Pisamos a farmacia cada
día e nin nos decatamos.
Gozamos de bosques de
ensoño e permítese a planta masiva de eucalipto.
Farta de tanta mentira...
Espabilen! Fagan algo
dunha vez!
Porque se non algún día
todo será cinza e po,
a ver que escusa nos
contan para entón.
Hoxe en Galicia non chove.
No hay comentarios:
Publicar un comentario