En Música, chamamos pulso á unidade básica para medir o tempo, son como golpes constantes que están na base das cancións (poden ser máis rápidos, lentos, intermedios...dependendo da velocidade da peza, que se chama Tempo)
Para identificar o pulso dunha canción proba a dar golpes constantes coa man ou o pé (non te pases coa forza!)
Cando se fai música, colocando os acentos créanse patróns ou secuencias repetitivas con estes pulsos. por exemplo:
- acentuando o primeiro de cada 2 (ritmo binario, compás de 2/4),
- acentuando o primeiro de cada 3 (ritmo ternario, compás de 3/4)
- ou acentuando o primeiro de cada 4 (ritmo cuaternario, compás de 4/4)
No hay comentarios:
Publicar un comentario