Boas rapaces!
Para estes días atoparedes aquí diferentes tarefas e ideas para aproveitar o tempo das aulas de Música, tanto o alumnado de 2º coma o de 3º.
- Para aqueles grupos que aínda tedes pendente mostrar os vosos instrumentos ó alumando de Infantil e Primaria, velaquí tedes enlaces e vídeos para repasar a clasificación dos instrumentos e coller ideas sobre como presentalos:
- Aqueles que aínda non lle puxestes nome ás notas das novas partituras, podedes facelo fixándovos na seguinte escala. Recordade que as notas que van a partir do DO' agudo poñémoslles unha comiña superior, un apóstrofe, para indicar que son a oitava superior.
- Se xa puxestes as notas nas novas partituras, podedes aprender como soan escoitando o vídeo correspondente á vosa obra, recordade que coñecer de oído a canción que tocamos vainos axudar un montón, fixádevos tamén na súa velocidade e nas emocións que vos transmiten. Pon os teus auriculares e desfruta delas:
BSO Piratas do Caribe - Tema Principal
Le Valse de Amelie - Yann Tiersen
BSO Game of Thrones - Tema principal
BSO The Lord of the Rings - Concerning Hobbits
Every Breath you take - The Police
- E por último, se te animas a tocar, podes facelo tamén cos instrumentos online que atoparás a continuación:
No hay comentarios:
Publicar un comentario