as agresións sexuais creceron un 116% nos últimos cinco anos e o 76,25% dos adolescentes consumen pornografía hardcore a través dos seus dispositivos móbiles.
A terrible desinformación, a falta dunha educación sexual real máis alá do coñecemento da anatomía, os métodos anticonceptivos e a prevención das ETS, a necesidade dunha conversa fluída e continua na sociedade, sen prexuízos, sen vergoña.
Non hai nada máis natural nin humano que a sexualidade, bloquear o seu coñecemento, seguir tratándoo como se fose un tabú, o único que fai é que @s adolescentes procuren a información que necesitan accedendo a contidos menos sans e información equivocada.
A aplaudir a valentía da TVG ó emitir unha serie documental necesaria que pon voz a esta xeración adolescente no foco (XERACIÓN PORNO: A mala educación), unha xeración que en teoría vive no mundo da información, pero no cal continuamos con esa dobre cara, observando as consecuencias terribles do noso propio descoñecemento, de deixar @s rapaces á deriva para que busquen as súas propias respostas mentres miran contido pensado para adult@s e reciben unha idea do sexo que non é real nin sana. Preme no enlace se queres coñecer máis. Informémonos, por nós e polo noso futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario