miércoles, 30 de octubre de 2024

As figuras e os silencios musicais

 Estes días estivemos repasando na aula as figuras e silencios musicais, que como sabedes son as que deciden a medida ou o tempo que dura cada son (ou cada silencio)



As figuras teñen as súas partes diferenciadas:





As que imos estudar en Música van desde a redonda (4 tempos) ata a semifusa (1/32 tempo), pero seguramente na no sa práctica chegaremos como moito a interpretar ata a semicorchea (1/4 tempo)


Ademais da súa medida é importante que recordedes que algúns silencios, coma o de redonda e o de branca, teñen un lugar especial para colocalos no pentagrama. Ademais, cando a plica dunha figura se coloca cara a abaixo, temos quie cambiala de lado, como podedes ver na seguinte imaxe: 

E non vos preocupedes moito pola estética ou a forma das figuras, o importante é que as entendades e que as poidamos reproducir dun xeito simple e práctico: a música é para interpretala!

As equivalencias entre as figuras, fan que 1 redonda equivale a 2 brancas, e estas a 4 negras, e así sucesivamente, creando a árbore de figuras e silencios:




E recordade que as corcheas e o resto das figuras que teñen corchete (semicorchea, fusa e semifusa), normalmente, se van seguidas, únense os corchetes da seguinte maneira:


No hay comentarios:

Publicar un comentario