Enténdese canto lírico coma o conxunto de técnicas vocais empregadas para cantar o repertorio de música docta, ou o que coñecemos como "música clásica"
Hai grandes exemplos no mundo do canto lírico, como foi a soprano María Callas. Aquí podédela ver cantando a aria "O mio babbino caro" da ópera "Gianni Schicchi", de Giacomo Puccini e Giovacchino Forzano:
Pero entón que é isto de "aria"?, pois para entendelo mellor veremos un vídeo no que aparece un recitativo (parte falada, ou cantanda coma se falase) seguida dunha aria que seguro vos soa (a canción, peza musical máis elaborada e emotiva, onde os solistas poden lucirse vocalmente) Pertence á ópera bufa Il barbiere di Siviglia ("O barbeiro de Sevilla"), de Gioachino Rossini e Cesare Sterbini.
A trama narra as peripecias dunha parella de namorados, o conde Almaviva e a xoven Rosina, quen tamén é pretendida por Bartolo, titor da rapaza. Para evitalo a parella válese da axuda do barbeiro Fígaro, quen crea enredos para enganar a Bartolo e conseguir a unión da feliz parella. Neste anaco podedes ver o recitativo de Fiorello, servo do conde (baixo) e Lindoro, conde de Almaviva (tenor), que agarda para ver á súa amada, e a aria de "Largo al factotum" de Fígaro (barítono) onde anuncia o seu negocio e servizos:
Neste caso continuamos coas voces femininas, a de mezzosoprano, unha voz intermedia coa que se poden interpretar arias como a "Habanera" da ópera Carmen, do compositor francés Georges Bizet (século XIX), cantada por Silvia Hauer.
E por último vexamos tamén as tres voces femininas en contraste. Nesta ocasión a diferencia entre Soprano, Mezzosoprano, y Contralto. Luciana Serra, soprano, canta "Der holle rache". Anna Caterina Antonacci, mezzosoprano, canta "Habanera", e Marian anderson, contralto, canta "Ave Maria"
No hay comentarios:
Publicar un comentario