Alá imos!!
No IES Carlos Casares vaise realizar un Lipdub colectivo, como proxecto de centro, para o 2º Trimestre, coa colaboración de alumnado, profesorado, persoal, etc.
Un
"Lipdub" ("dobraxe de beizos") é un vídeo musical feito nunha soa toma,
nun plano secuencia, na que os participantes van realizando diversas
accións (bailes, teatralizacións, empregando o que cada un saiba facer e
incluso disfraces, movemento coordinados, etc.) mentres fan playback da
canción elixida, e que vai soando ata que remata a gravación. Despois,
na edición final, incorpórase a canción como banda sonora.
É un formato de actividade moi divertido, aínda que leva traballo preparalo, pero pásanse momentos moi bos, e ademais diso:






